Previa da xornada (6-7 abril)

RESULTADOS, STREAMING…

 

CALVO XIRIA. 1ª NACIONAL MASCULINA

Calvo Xiria recibe en Carballo ao Áttica 21 Hotels Oar Coruña o sábado pola tarde no Pavillón Municipal Vila de Noia, no clásico duelo de rivalidade provincial. 

A falta de cinco xornadas para o remate da liga regular, o partido preséntase trascendental para os coruñeses, metidos na loita pola 2ª praza que da entrada a fase de ascenso. Lanzarote semella inalcanzable, Reconquista parece descartarse de esa loita, polo que Teucro e OAR loitarán por esa praza, e os dous equipos teñen que pasar por Carballo, co que o Xiria pode ser o xuíz de esta contenda.

O OAR chega 2º a cinco puntos do Lanzarote e cun punto de vantaxe sobre Teucro. É o 2º equipo que mais goles marca e o 4º que menos goles recibe, e con Mauro Jaureguiberry (169 goles), Diego Martínez (137 goles) e Juanka Rodriguez (101 goles), teñen un trío de 1ª liña demoledor, acompañados pola anotación dende o extremo  Pablo Martínez (104 goles). 

O Xiria fará fronte cunha defensa renovada con respecto a 1ª volta e tamén coa capacidade anotadora de Hugo Rodríguez “Chimpo” e Mario Cancela, con 205 e 166 goles respectivamente.

CALVO XIRIA. 1ª AUTONÓMICA FEMININA

Calvo Xiria viaxa este domingo a Vigo para xogar co Bm Reconquista, na última xonada da competición, con todo decidido de cara á calcificación final, quedando so en xogo a posición final entre 4ª, Xiria, e 5ª Carballal, empatadas a 22 puntos. É dicir, Xiria xoga en dúas pistas, nas Travesas fronte a Reconquista e no Municipal de Carballal. 

Deportivamente o Calvo Xiria acode na 4ª posición e tras 4 vitorias nos últimos 5 partidos e as viguesas xa son campionas e chegan a esta xornada cunha soa derrota. No partido de ida o resultado foi derrota das carballesas por 19 – 25. Reconquista son campionas grazas ao seu xogo equilibrado, son o equipo que menos encaixa (342) e o segundo máis goleador (504) e co maior balance positivo, marcando case 30 goles por  partido e recibindo apenas 20. En fronte o Calvo Xiria marca 27 goles por partido e encaixa moi poucos, 20 de media, o segundo que menos goles recibe da liga. 

Prevese un grande duelo entre as goleadoras de ambos equipos, Carla Caride (2ª máxima goleadora da liga con 118 goles) e Cynthia Bello (84) polo equipo vigués, e Lucía de la Torre polo Xiria, con 112 goles, 4ª máxima artilleira da competición. As locais son favoritas, e o resultado dependerá moito da actitude de ambos equipos, pois hai pouco en xogo e ambos equipos quererán gardar folgos para os retos que se aveciñan.

SENIOR MASCULINO 2ª AUTONOMICA

Os rapaces do sénior B viaxan na tarde do sábado a Narón, para enfrontarse ao Esperanza Comidas Bar Bm Narón, a onde comezou esta aventura, pois o Xiria B debutou esta temporada nos comezos de setembro contra este equipo ainda que noutro escenario.

O Bm Narón parte con 28 puntos, na 5ª posición e o Xiria con 19 puntos, na 7ª posición da táboa clasificatoria. Os de Narón contan na súa plantilla con 18 xogadores en idade sénior e 3 xogadores invitados do seu equipo xuvenil. A idade media do equipo ronda os 23 anos e 8 teñen 23 ou mais anos. Na táboa de goleadores destacan Angel Eimil con 201 goles máximo goleador da competición e Henrique Gabriel Lourenco con 177 goles 3ª máximo goleador. Así son o 3º equipo que mais goles marca, 33 de media, pero tamén son o 4ª equipo que mais goles recibe con algo mais de 30 por partido.

Os carballeses xa non son o equipo mais goleado da categoría, reciben unha media de algo menos de 30 goles por partido e  marcan 28 goles de media por partido. As cifras son algo favorables aos locais pero a dinámica tamén axuda ao optimismo e este equipo mellora cada xornada.

 

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA. LIGA OURO CADETE MASCULINA

Os rapaces do Hierros Varela Urbieta teñen este sábado en Carballo un encontro decisivo para o devenir da temporada contra o Pizzeria Baratto Bm Cangas, na penúltima xornada da competición. Ambos equipos están igualados a 20 puntos, o Xiria 4º e Cangas 5º pola vitoria dos carballeses no partido de ida. Para manter a posición o Hierros Varela Urbieta precisa da vitoria, pois pechará a competición en Lalín, xogando contra o líder da categoría.

Este partido presentase moi igualada na clasificación con dous equipos diferentes, o Xiria marca 38 goles por partido, 4º equipo mais goleador da competición, fronte ao Cangas, que recibe algo menos de 31 goles por partido, o 3º menos goleado da competición. Da capacidade goleadora do equipo fala o feito de ter 5 xogadores entre os 30 mellores do torneo, Nico Cancela, Andrés Pombo, Marcos Varela, Lucas Fajardo e Saúl Fuentefría. 

GRUPO LEMACO XIRIA B. LIGA PRATA CADETE FEMININO 2ª FASE (13º A 15º)

O Grupo Lemaco Xiria B recibe ao Javucho Publicidade Bm Caselas osábado  no CEIP Fogar, na 1ª xornada de esta segunda fase, un triangular a unha volta na que tamén se medirá ao Aluz Energía Galicia Social. 
As de Salceda de Caselas, remataron 5ª a primeira fase, cunha media de 29 goles por partido e recibindo so 26, rematando cun saldo positivo de 31 goles. As nosas rapazas remataron a priemeira fase cun saldo positivo de 107 goles, resultado logrado polo bo traballo defensivo que as levou a encaixar algo menos de 19 goles de media por encontro.
Novo duelo de capacidade ofensiva fronte a capacidade defensiva, a que sexa mais eficaz maximizando as súas virtudes levará os puntos en xogo. Haberá que estar moi atentas a Irene Barbeiro, María Estevez e Antía Ferreira, máximas goleadoras do Caselas, e entre as mais anotadoras do seu grupo.

NORDATA XIRIA. LIGA OURO INFANTIL FEMININA

O Nordata Xiria viaxa ás Rías Baixas apra xogar na mañá do sábado contra o Sanxenxo Bm. As locais parten na última posición e as carballesas 5ª con 13 puntos igualadas coa SAR a dúas xornadas do final da liga e cun posto directo na Final a 4 en xogo, á que tamén aspiran Lalín e Porriño a 2 e 1 punto de distancia. No partido de ida o resultado foi a favor das carballesas por 28-23, co que diferencia na clasificación non semella tan grande como resultou no partido entre ambos equipos.
As xogadoras do Nordata Xiria veñen dunha racha algo mais positiva que as súas rivais polo 5º posto, con 2 derrotas , 1 empate e  2 vitorias, nos últimos 5 partidos, por 3 derrotas de Porriño e Lalín e 4 de SAR. É unha boa oportunidade para sumar e agardar resultados de cara á última xornada.

GARAYSA XIRIA. LIGA OURO INFANTIL MASCULINO

O Garaysa Xiria A abre a xornada no Vila de Noia este sábado cun encontro contra o Disalmo Bm Cangas, na penúltima xornada da competición. No partido de ida os nosos perderon con claridade e os datos presentan un partido favorable para os do Morrazo, que xa son campións e contan todos os seus partidos por vitorias, son o equipo mais goleador e o menos goleado da competición.
Difícil rival para os nosos rapaces que tratarán de competir como soen facelo, con mobilidade en ataque e agresividade no roubo de balóns, e que sempre se crecen ante os rivais mais fortes.

GARAYSA XIRIA. LIGA PRATA INFANTIL MASCULINO 2ª FASE GRUPO POLO TÍTULO

O Garaysa Xiria B recibe o sábado no Fogar ao Cisne de Pontevedra. O Garaysa Xiria perdeu nas primeiras xornadas e o Cisne é líder con 3 vitorias.
Difícil rival para os nosos rapaces que xogan contra un dos gallitos das competicións galegas que non lograron meter o equipo na Liga Ouro, pero que teñen un equipo moi competitivo como reflexan esas tres vitorias contra os demais campións de grupo desta liga prata.

GARAYSA XIRIA. LIGA PRATA INFANTIL MASCULINO 2ª FASE  (26º A 30º)

O Garaysa Xiria C viaxa a Tui para xogar contra o equipo local na mañá do domingo. Trátase da 4ª xornada de esta 2ª fase, á que acoden ambos equipos cunha vitoria e unha derrota.
Ambos equipos afrontan un partido de máxima igualdade na que semella que está en xogo a 2ª praza do grupo. O factor cancha e a longa viaxe poden dar como favorito ao euipo local.

LIGAS ALEVÍNS, BENXAMÍNS E PREBENXAMINS

Os equipos das mais pequenas e pequenos teñen unha intensa xornada esta fin de semana. As cores do Xiria alevín de balonmán 7 lucirán en Carballo e Culleredo, e nas xornadas concentradas de minibalonmán alevín e benxamín do CEIP Fogar, no LIceo La Paz na Coruña e en Abegondo.