Previa da xornada con Diego Vega e Minia

Previa das Escolas Balonman Xiria!!!  

 

1ª Estatal 

Regresa a competición e con ela, o Calvo Xiria recibe ao Automanía Luceros o  sábado ás 20:00 no pavillón Vila de Noia de Carballo. É o primeiro partido do  ano e o penúltimo da primeira volta; polo que serán dous puntos importantes  para ambos conxuntos; que aspiran a mellorar a clasificación actual e ser  ambiciosos en cada un dos seus obxectivos particulares. O Calvo Xiria, vén  traballando a bó ritmo e incrementou o persoal; coa incorporación de 5  xogadores xuvenís ao traballo diario do equipo. E é que de ritmo irá o partido  desta fin de semana; o equipo que domine o ritmo de xogo, levará a iniciativa.  Álex Gómez é baixa segura debido a un choque durante o adestramento, e o  resto de efectivos estarán dispoñibles para afrontar este inicio de ano. 

1ª Autonómica Feminina  

Ás 17:30, regresará o Calvo Xiria da competición autonómica, contra o Bm  Xallas. Manuel López non poderá contar con todas as xogadoras para este  choque; pero espera que a forza do colectivo, de un paso á fronte. O esforzo  defensivo de todas as xogadoras fundamental nunha xornada na que o máis  importante é o resultado.  

Categorías Base; Liga Ouro  

O sábado ás 12:00, o Garaysa Xiria recibe ao Nutrendo Seis do Nadal. Polos  opostos na clasificación onde o Garaysa quere os dous puntos para seguir  arriba na clasificación. O domingo ás 12:00 no Ceip Fogar, o Grupo Lemaco  Xiria A, enfróntase ao Bm Reconquista de Vigo A. O último enfrontamento entre  estes dous equipos foi en Copa; onde o Xiria levou a vitoria, nun duelo  apaixonante que incluíu prorroga; polo que ambos os equipos teñen moitas  gañas de volver a competir entre eles.  

Categorías Base; Liga Prata  

O sábado ás 12:30, o Laber Xiria B; xogará contra o Carpintería Jar Lalín no  Lalín Arena. Bo partido ante un conxunto local que parte como favorito, pero ao  que queren poñerlle as cousas difíciles durante os 60 minutos.  Ás 10:45 en Lugo, duelo pola primeira praza entre o Millaven Centro Jardin Cp  Lucense e o Punta del Este Xiria B. Gran expectación para este partido.  O domingo ás 10:15 no Ceip Fogar, o Grupo Lemaco Xiria B, enfróntase ao  Telepizza Arteixo, un rival difícil de bater e que quere poñer contra as cordas a  un Xiria que quere seguir progresando e sumando. 

Categorías Base; Alevíns e benxamíns 

En alevín 5, o Venres xogarán as alevíns de Reneymar Xiria e Insplaber Xiria.  

En alevín 7, o Laber Xiria enfróntase ao Bm Culleredo en Carballo, mentres  Reneymar Xiria e Garaysa Xiria, xogarán a domicilio contra Abegondo e  Culleredo, respectivamente. Pola súa banda o Carpintería Gómez Xiria dobra  xornada, contra o Bm Culleredo o sábado e Líneaa 21 o domingo.  

En benxamín mixto, os partidos serán o domingo pola mañá en Abegondo, no  pavillón San Marcos onde xogarán Maquisaba A, Maquisaba B, Telepizza e  Óptica Auris Xiria