Previa da xornada do 12-14 de maio

1ª Estatal
Despide a tempada o Calvo Xiria na casa fronte ao Bueu Atlético Balonmán. No deportivo, será un partido dinámico, con bó xogo e ritmo para goce da afección. Xa que ambos conxuntos se
caracterizan pola velocidade no seu xogo combinativo.
Un partido con apartado para as emocións. Brais Puñal, despois axudar aos seus compañeiros para lograr o obxectivo; despídese de novo das pistas, e aínda que o seu corazón segue querendo xogar, o
estado dos seus xeonllos, di o contrario. Sempre estará aí para axudar ao club se fose necesario.
Doutra banda, Edu Cousillas volverá a unha convocatoria despois da lesión de xeonllo do 30 de xaneiro do 2022.
Por tanto, sobran os motivos de alegría para pechar unha campaña que nos deixa con bo sabor de boca; a propósito da evolución mostrada polo equipo.
O partido disputarase o sábado ás 12:00 no pavillón Vila de Noia e a entrada será gratuíta.

1ª Autonómica Feminina
Todo está disposto para a fase de ascenso a División de Honra Prata de balonmán feminino que esta fin de semana dispútase en Carballo, no pavillón Vila de Noia e na que participa o Calvo Xiria,
campión de 1ª Autonómica, que soña con dar o salto de categoría.
Para iso terán que loitar coas madrileñas do CP Iplacea, o D. Óptica Moya Tiolver, subcampión de Canarias; e o Oviedo BM. As anfitrioas empezarán enfrontándose ao conxunto canario o venres ás
20:30 horas. Tamén pecharán a xornada do sábado xogando a partir das 18:30 horas contra as campioas do grupo madrileño. Finalmente, o domingo ás 12:00 mediranse ás campioas de Asturias.

Categorías Base
O Grupo Lemaco Xiria afronta esta fin de semana na localidade valenciana de Mislata a fase sector do Campionato de España de balonmán cadete masculino.
Os carballeses, que partiron a primeiras horas deste xoves cara terras valencianas, terán como rivais aos locais do Balonmán Mislata, ao que empezará enfrontándose na xornada inicial do venres (18:20 horas); ao Pulpo Eskubaloia de Guipúscoa, contra o que xogará o sábado ás 10:30 horas; e ao Balonmán Águilas de Murcia, ao que se miden o domingo (10:00).