Previa da xornada do 14-16 de outubro

1ª Estatal
Segundo desprazamento seguido para o Calvo Xiria, esta vez xoga na Coruña; o derbi contra o Attica 21 Hotels Oar Coruña, nun partido de altos voos. E é que este tipo de partidos sempre exceden emoción e bó balonmán. A tempada pasada saldouse con vitoria local nun partido moi desigual.
Na actualidade, ambos conxuntos chegan con confianza, xa que veñen de gañar a xornada anterior e marchan empatados na clasificación, aínda que o Calvo Xiria ten un partido menos.
Seguramente un dos apartados decisivos neste choque será a defensa, decantando a balanza a favor dun ou outro. O técnico, Adrián Dubra, conta cos mesmos xogadores que a semana anterior. O partido será o sábado ás 19:00 no pavillón San Francisco Javier.

1ª Autonómica Feminina
Pola súa banda; o Calvo Xiria de autonómica xoga como local, o domingo ás 12:30 no Vila de Noia. O seu rival será De Pueblo Carnicería Bm Pabellón, onde xoga Nerea Varela, natural de Carballo e que actualmente os seus estudos levárona a Ourense. Un
aliciente máis; a un partido que en tempadas anteriores deparounos resultados axustados. Por tanto, gran expectación, onde ambos tratarán de seguir nos postos de privilexio da competición.

Categorías Base: Play Off
Última fin de semana de playoff de ascenso a liga Ouro. É a quenda para os equipos cadetes de Escolas Balonman Xiria. O Tubasys Xiria conformado na súa totalidade por xogadoras de primeiro ano; viaxa a Porriño coa máxima ilusión, de seguir mellorando e
crecendo tal e como o vén facendo ata o momento. Os seus rivais serán, Ub Lavadores Vigo, o venres ás 20:20. Balonmán Porriño o sábado ás 12:00 e a última xornada o domingo ás 10:00 contra SD Teucro Clínica Veterisaúde.
O Grupo Lemaco Xiria, xogará o playoff en Carballo. O venres ás 19:00 contra Pizzería Baratto Bm Cangas; no Vila de Noia e o sábado ás 12:00 no Ceip Fogar contra o Bm Chapela.

Os campións de cada grupo accederán á liga Ouro; así como os mellores segundos clasificados; ata completar un total de 10 equipos.

Categorías Base: Liga Ouro
Segunda xornada de liga para Hierros Varela Urbieta Xiria e ALS Xiria A. Os dous equipos xogan fóra de casa. HVU Xiria enfróntase o sábado ás 12:30 contra Serfis Bm Cañiza, no polvorín e ALS Xiria, no Gatañal, á 13:00, contra Bueas Migas Luceros. Nesta liga, cada
partido é de máxima esixencia e igualdade polo que se esperan duelos vibrantes.

Categorías Base: Liga Plata
Tamén será a segunda xornada de liga para o ALS Xiria B, que xogará o sábado ás 19:30 no Restollal (Santiago) contra o Bm Ribadosar.

RESULTADOS, STREAMING…