Previa da xornada do 24-26 de febreiro

1ª Estatal
O Calvo Xiria ten este sábado outro difícil compromiso ante un dos equipos da zona alta; o Granitos Ibéricos Carballal. A igualdade da competición esta tempada, tanto na zona alta como na zona
baixa, fai que os partidos teñan un aliciente emocional alto. O Calvo Xiria xa sabe que non poderá contar con Gabriel Castiñeiras nos próximos dous meses; debido á lesión de nocello que viña
arrastrando e que lle facía xogar con excesiva dor; tamén Esteban Puñal está pendente de facerse probas. Por tanto, e como vén sendo habitual, o adestrador Adrián Dubra, apostará polos xuvenís
tanto para adestrar como para xogar. É unha tónica que se leva repetindo toda a tempada polo que os xogadores están adaptados e na rutina do equipo. O partido será o sábado ás 20:00 no pavillón
Mpal. de Carballal.

1ª Autonómica Feminina
O Calvo Xiria ten a oportunidade de esquecer diante da súa afección a derrota da semana anterior en Ourense. E que mellor forma de facelo que en plena loita polo liderado ante o Reconquista de
Vigo. A falta de sete xornadas enfrontaranse nun encontro que pode ser clave para a consecución do obxectivo. O partido será o domingo á 13:00 no pavillón Vila de Noia, de Carballo. Nova cita para a
afección de Carballo que está a ser o oitavo xogador que club e xogadorxs necesitan.

Categorías Base: Liga Ouro
O sábado, o Hierros Varela Urbieta Xiria xogará no mítico pavillón da Sangriña ante Mecalia Atlético Guardés ás 12:00 e o ALS Xiria xogará no Vila de Noia ás 12:15 ante Upi Informático
Lalín. Os dous equipos de Xiria atópanse en plena loita por alcanzar a final a 4. O domingo, no Ceip Fogar, o Garaysa Xiria e o Grupo Lemaco Xiria xogarán contra Bruno The Rock Barber ́s Bm
Cangas e Pizzería Baratto Bm Cangas ás 10:00 e ás 11:30, respectivamente. Bó rival para medir a mellora no xogo que experimentaron nas últimas semanas. Por último, o Nordata Xiria xogará ás 11:30 no Vila de Noia, un encontro difícil ante un Balonmán Chapela que marcha cuarto clasificado; pero o Nordata quere gañar para manter intactas as opcións polo título.

Categorías Base: Liga Prata
Estreará a xornada da fin de semana, o Punta del Este Xiria que xoga en Bastiagueiro co Club Balonmano Atlántico o venres ás 17:00. A quenda do sábado desenvolverase no Ceip Fogar, onde Tubasys Xiria xogará ás 16:00 contra Asmubal Meaño e ás 18:00 o Grupo Lemaco Xiria xoga contra Oar Coruña 1952.

Xa o domingo, o Garaysa Xiria viaxa ata Vigo, para xogar ás 10:30 no
Mpal. de Coia contra Seis Do Nadal e pecha a fin de semana o ALS Xiria ás 17:00, no Ceip Fogar, tamén contra Reca Hollywood Seis Do Nadal.

Categorías Base: Escolas Balonman Xiria
En alevín 7 temos enfrontamentos locais onde o Garaysa Xiria enfróntase a Reneymar Xiria B o sábado ás 16:15. O ALS Xiria fará o propio contra Reneymar Xiria A, o domingo ás 10:00. Os
dous partidos xogaranse no Vila de Noia.
En bm5, Carballo e o CEIP Fogar serán unha das sedes onde se disputará a xornada. Ao longo da mañá do sábado poderemos gozar da competición benxamín e alevín, onde aos nosos equipos
Maquisaba Xiria A, Maquisaba Xiria B, Telepizza Xiria, Óptica Auris Xiria e Insplaber Xiria recibirán a visita do Bm. Camariñas, Bm Ribadosar, Bm. Xallas e Bm. Arteixo con diferentes equipos para un
total de 10 partidos en quendas de 45 minutos desde as 10:00 ata as 14:00.