Previa da Xornada do 29-31 de Setembro

 

1ª Estatal

Terceira xornada de liga para o Calvo Xiria, que viaxa ata Ribadavia, ao pavillón de O Consello donde xogará o sábado ás 18:30 contra o Bm Ribeiro Rodosa Ourense Provincia Termal. O conxunto local, fixo esta tempada unha aposta forte por renovar a casi todo o plantel que partía xa con moita calidade e fichar a xogadores da talla de Pablo Gayosoe Daniel López e de entrenador Víctor Efrén. Unha aposta do club por afianzarse na zona noble da categoría.

O Calvo Xiria; que empezou con bo pé nas dúas primeiras xornadas; parte coa idea de que cada partido é unha oportunidade de lograr os puntos que precisa.A semana transcorreu con normalidade e o equipo prepara o partido cos mesmos xogadores que participaron a semana pasada contra Culleredo.

 

1ª Autonómica Feminina

O Calvo Xiria, xogará en Novo Mesoiro, o terceiro partido oficial da tempada. O seu rival o Bm Brigantium Nunegal, antiguo club, do actual entrenador de Xiria; Daniel Angeriz. Os dous equipos comandan a tabla clasificatoria despois de contar os seus dous primeiros partidos con vitorias; polo tanto, unha boa proba para seguir desenvolvendo as ideas de xogo de cara ao inicio de liga.

Un Calvo Xiria en proceso de construcción, que ten que ir desengranando o rol de cada xogadora co paso dos partidos. O bloque segue medrando semanalmente e os partidos de Copa Federación van incrementando o nivel competitivo a medida que pasan as datas.

O partido disputarase o domingo ás 19:00.

 

 

Categorías Base: Fase de Clasificación
Cadete Feminina

Último partido da fase de clasificación para o Hierros Varela Urbieta Xiria que xogará contra o Atlético Novás o domingo ás 12:15 no pavillón Ceip Fogar. Ambos equipos xa clasificados para o play off; xóganse ser cabeza de serie no sorteo; que terá lugar o luns.

 

 

Carballo acolle esta fin de semana tres importantes eventos de balonmán, os play off da Liga Ouro 23-24 en categorías infantil feminino, infantil masculino e xuvenil masculino.

Os vindeiros venres, sábado e domingo a nosa vila acolle 12 equipos, 203 deportistas, 147 procedentes de outras localidades de Galicia para xogar o play off da Liga Ouro. Estes deportistas, xunto cos adestradores, delegados, directivos dos equipos e familias ambientarán Carballo, e especialmente o barrio do Chorís.

A estes Play Off da Liga Ouro accédese logo de disputar en agosto e setembro unha fase previa de clasificación, onde os equipos de Xiria remataron primeiros de grupo e cabezas de serie nestes play off, o que lles permite xogar como locais e acoller estes eventos.

Os clubs que nos visitan son Rasoeiro Bm (cun equipo xuvenil e outro infantil masculino) CB Tui (cun equipo xuvenil), o Bm. Porriño (cun equipo xuvenil), Bm Cañiza (cun equipo infantil feminino e outro masculino), Bueu Atl. Bm. (cun equipo infantil masculino), Galicia Social e Bm Lalín (cun equipo infantil feminino cada un de eles), 12 equipos de 8 clubs diferentes.
 

 

Na competición do Nordata Xiria, Infantil Feminino, os dous primeiros clasificados de cada un dos grupos e os dous mellores terceiros clasificados ao remate do Play Off, acadarán os dereitos deportivos para a participación na Liga Ouro 23-24; mentres que o resto de equipos pasarán á Liga Prata 23-24, na que xa
temos outro equipo inscrito.Na competición do Garaysa Xiria, Infantil Masculino, os dous primeiros clasificados de cada un dos grupos ao remate do Play Off, acadarán os dereitos deportivos para a participación na Liga Ouro 23-24; mentres que o resto de equipos pasarán á Liga Prata 23-24, na que probablemente haxa outros dous equipos de Xiria.

Na competición do Montaxes Carballo Xiria, Xuvenil Masculino, os dous primeiros clasificados de cada un dos grupos ao remate do Play Off, acadarán os dereitos deportivos para a participación na Liga Ouro 23-24; mentres que o resto de equipos pasarán á Liga Prata 23-24.

Escolas de Balonmán Xiria co apoio de Carballo Deporte asume un novo reto organizativo, xa que os Play Off supoñen 18 partidos, 6 cada día, distribuídos en tres instalacións, o pavillón Vila de Noia, no CEIP Fogar e no pavillón Carballo Calero.
 

 

Calendario, horarios e sedes:

XUVENIL MASCULINO

INFANTIL FEMININO
 
INFANTIL MASCULINO
 

 

O Seguros Sueiro Xiria, Xuvenil Feminino, tamén disputará esta competición en Porriño, xa que na fase previa non rematou como cabeza de serie. Neste caso os tres primeiros clasificados de cada un dos grupos e o mellor cuarto ao remate do Play Off, acadarán os dereitos deportivos para a participación na Liga Ouro 23-24; mentres que o resto de equipos pasarán á Liga Prata 23-24.

XUVENIL FEMININO