Previa da xornada do 7-8 de maio

1ª Nacional  

Penúltima xornada ligueira para o Calvo Xiria que viaxará a Cangas para enfrontarse ao Antomanía Luceros. Os locais queren asegurar a permanencia mentres o Calvo Xiria pelexará por seguir na  cuarta praza. O adestrador Adrián Dubra seguirá contando cos habituais xuvenís xa que Carlos  Guisasola e Jorge Bouzas súmanse ás baixas xa sabidas de Aaron, Fran e Edu. O equipo afronta con efectivos suficientes o choque que se prevé teña un ritmo alto polo que o xogo en transicións será  fundamental para ambos. O Calvo Xiria buscará gañar profundidade en ataque posicional, gañar os  duelos 1×1 e a continuidade de balón como claves para loitar polos dous puntos.  O partido será o sábado ás 19:00 no pavillón O Gatañal.  

1ª Autonómica Feminina. Copa.  

O sábado ás 17:00 no Rosal, en Moaña, o Calvo Xiria afronta a segunda xornada da Copa contra o  Balonmán S.d. Samertolameu. Unha xornada importante para buscar o liderado do grupo e o pase a  cuartos de final. A defensa segue sendo a mellor arma do Calvo Xiria e nela tratará de aferrarse para enfrontarse a un conxunto local con moito oficio e con xogadoras experimentadas tanto na primeira  liña como na segunda liña.  

Categorías Base. Copa  

Os equipos xuvenís buscan a clasificación para cuartos de final. O Hierros Varela Urbieta Xiria o  sábado en Novo Mesoiro ás 12:30 contra o Bm Brigantium e o Laber Xiria o domingo ás 18:00 en  Almeiras contra o Bm Culleredo.  

Grupo Lemaco Xiria A e Grupo Lemaco Xiria B enfróntanse o sábado ás 10:15 no Vila de Noia nun duelo inédito esta tempada e servirá para seguir coa evolución dos xogadores das Escolas Balonman Xiria.  

Categorías Base; Alevín 7  

Última xornada da segunda fase para os equipos de Xiria. Garaysa Xiria xogará o domingo ás 10:30 contra Bm Línea 21 en Novo Mesoiro. Laber Xiria xogará o sábado ás 11:30 contra Gas Abegondo  no Ceip Fogar; mentres Reneymar Xiria e Carpintería Gómez Xiria enfrontaranse ás 12:30. 

Categorías Base; Alevín e benxamín 5

Telepizza Xiria, Óptica Auris Xiria, Maquisaba Xiria, Reneymar Xiria e Insplaber Xiria xogarán o  sábado en Tarrío unha serie de partidos amigables para preparar a copa Deputación que empeza a  semana que vén.