Previa do 10-11 de setembro

1ªAutonómica Feminina

Chegamos á xornada 2 e despois do tropezo da semana pasada en terras viguesas, o Calvo Xiria buscará a primeira vitoria diante da súa xente, o domingo ás 12:15 no Vila de Noia. O seu rival o Cies Obra Civil Bm Chapela, é un dos aspirantes á parte alta da táboa.
As de Carballo, traballaron a conciencia, tendo en conta a dificultade do encontro e coa mente posta no esforzo colectivo. A defensa e a
efectividade serán as bazas determinantes no partido.

Categorías Base: Fase de Clasificación

Se a semana pasada era o Laber Xiria o que comezaba a súa andaina na fase de clasificación, co obxectivo de ser cabeza de serie; está semana empezarán o resto de equipos aspirantes de Escolas Balonman Xiria.

A mañá do sábado será unha xornada intensa de ata 4 partidos. No Ceip Fogar, os conxuntos infantís do Garaysa Xiria ás 10:30 e o Punta del Este Xiria ás 12:00, xogarán contra Balonmán Moaña e Coreti Lalín, respectivamente.
Mentres no Vila de Noia, ás 10:30 será a quenda para Tubasys Xiria contra Bm Rodeiro e seguidamente ás 12:15 Hierros Varela Urbieta Xiria e Calfrima Carballal pecharán a mañá.

Por último, o Grupo Lemaco Xiria e o Ub Lavadores Vigo, mediranse o domingo ás 10:30 no Vila de Noia.

STREAMING