Previa do 11-12 de febreiro

1ª Estatal
Transcendental partido o que se vivirá no Vila de Noia entre o Calvo
Xiria e o Bm Saeplast Cañiza, o sábado ás 20:00. Os dous equipos
marchan empatados a puntos na clasificación; en plena loita pola
permanencia. Ambos saben que a estas alturas o golaverage, pode
ser importante; polo que o Calvo Xiria, desexa obter un resultado
positivo como no partido de ida. O Vila de Noia, ten que vestir as
mellores galas, e apoiar ao equipo desde o inicio, nunha tarde de
grandes emocións, cun partido táctico e con ritmo.

1ª Autonómica Feminina
O Calvo Xiria, quere seguir a liña ascendente das últimas semanas. O esforzo das xogadoras é notable; pero a enfermería vaise baleirando e reforza ao grupo, que obtén máis rotación nun momento clave da tempada. O domingo ás 12:30, no Vila de Noia, recibe ao correúdo Balonmán Tui. Equipo regular, que cada tempada está na zona nobre da clasificación.

Categorías Base: Liga Ouro
O sábado, estrea a xornada ás 10:30 o Nordata Xiria contra o Coreti
Lalín, no Ceip Fogar. As infantís queren reafirmarse na segunda praza.
Ás 12:30, o Hierrros Varela Urbieta recibe ao líder Escaiolas Miguel
Santos Bm Cangas. Partido difícil, pero que as nosas guerreiras seguro darán o máximo e competirán.
A Redondela, viaxarán, o Garaysa Xiria e o Grupo Lemaco Xiria, que
xogarán ás 11:00 e ás 12:15, respectivamente, contra a Sar. Dous
partidos que poderían permitir aos de Xiria, obtar a cotas altas na
recta final de tempada.

Categorías Base: Liga Prata
O sábado ás 10:00, o Garaysa Xiria B, viaxa a Santiago, para xogar no Quiroga Palacios contra Bm Ribadosar. Á 13:00 no pavillón San Marcos de Abegondo, o Punta del Este Xiria mídese ao Bm Abegondo. E o domingo, ás 12:00, no pavillón Víctor Vigo, Grupo Lemaco Xiria B, xoga contra Bm Camariñas.
E pecha a xornada ás 18:30, no Ceip Fogar, o Tubasys Xiria contra
Balonman Chapela.

Categorías Base: Escolas Balonman Xiria
Na categoría de alevín 7, todos os equipos xogarán o domingo.
No Vila de Noia; ás 10:00 Reneymar Xiria A, xoga contra Bm Oar
Coruña e ás 11:00 o Reneymar Xiria B, xoga contra Bm Culleredo
Galkimia.

Mentres en Almeiras, ás 10:30,Garaysa Xiria mídese ao Bm Culleredo Cristalería Gestal e ás 11:30, ALS Xiria fai o propio contra Bm Culleredo Ascor Consulting.

Na categoría de BM5, que se disputa o sábado no pavillón San
Francisco Javier, na Coruña; Insplaber Xiria, Óptica Auris Xiria,
Maquisaba Xiria A, Maquisaba Xiria B, Telepizza Xiria, xogarán contra S.D. Eumesa, Oar Coruña 1952, Oar Coruña, Bm Gas Abegondo e Pontedeume A Ciaboga, respectivamente.

STREAMING, RESULTADOS…