Previa do 12-13 de novembro

1ª Estatal
Partido importante o desta fin de semana para o Calvo Xiria; que se
medirá ao Lirón S.D. Teucro; o sábado ás 20:00 no municipal dos
Deportes, en Pontevedra. O Calvo Xiria quere romper coa estatística e buscará un resultado positivo que se lle resiste. Para iso, o adestrador Adrián Dubra, remarcou as pautas que tratarán de seguir durante un encontro que será longo para ambos os equipos; xa que o Teucro, tamén está necesitado de puntos. Espéranos un partido de balonmán, no que seguro haberá emoción e sentimento.

1ª Autonómica Feminina
O sábado ás 19:00 no Ceip Fogar, o Calvo Xiria, recibe a visita do A.D Carballal. O equipo atópase nun bó momento de forma; con algunhas baixas inesperadas a estás alturas de liga; pero o traballo colectivo está a elevarlles a cotas altas, e niso queren seguir concentradas as xogadoras. O rival desta semana, é xa un clásico do balonmán feminino en Galicia, polo que teñen unha idea de xogo ben definida, e que tatrará de poñer o dificultades o poderío defensivo do Xiria.

Categorías Base: Liga Ouro
Hierros Varela Urbieta Xiria ten outro difícil compromiso ante un
Mecalia Atlético Guardés que marcha terceiro na táboa. O partido será no Vila de Noia o sábado ás 12:15.
ALS Xiria A e Cisne Colegio Los Sauces cítanse para o domingo ás
10:30 no Vila de Noia, nun duelo xa habitual en categorías base na
loita por alcanzar as primeiras prazas.
Garaysa Xiria A e Grupo Lemaco Xiria A xogarán no Gatañal, o sábado ás 11:30 e á 13:00, respectivamente; contra Bm Cangas. Obxectivos diferentes para os dous equipos de Carballo, que queren seguir progresando neste inicio de liga.
Nordata Xiria, xoga o sábado á 13:00 no Manuel González Soto contra Balonmán Chapela. Dous equipos aspirantes a todo esta tempada.

Categorías Base: Liga Prata
ALS Xiria B, mide a súa boa serie de xogo e resultados contra o Bm
Linea 21, en Novo Mesoiro o sábado ás 11:30.
Garaysa Xiria B, viaxa a Ferrol, para medirse ao Tirso de Molina o
sábado ás 12:00.

O domingo no Ceip Fogar, ás 11:10 Tubasys Xiria enfróntase a Sar
Rodavigo B. Ás 12:45, Punta del Este Xiria, faino contra Bm Abegondo e ás 16:30 Grupo Lemaco Xiria B mídese a Bm Camariñas.

Categorías Base: Escolas Balonman Xiria
Na xornada dúas de liga, teremos derbi de casa entre Reneymar Xiria B e ALS Xiria o domingo ás 10:00 no Ceip Fogar. Mentres Garaysa Xiria xoga en Almeiras á mesma hora contra Bm Culleredo Galkimia.

RESULTADOS, STREAMING…