1ª Nacional
O Calvo Xiria pecha a tempada este sábado ás 19:00 no Vila de Noia. Farao ante o Oar Coruña. Por tanto, preséntase un derbi provincial, para despedir a tempada da mellor forma.
O Calvo Xiria quere brindar un bo partido á súa afección, e que queden con gañas de máis balonmán para a tempada que vén. Será un partido intenso, con ritmo onde as defensas terán moito que dicir no transcurso do encontro. As baixas que arrastran os dous equipos non serán impedimento para ver a mellor versión de ambos e gozar do bo balonmán da provincia.
1ªAutonómica Feminina. Copa.
O Calvo Xiria afronta a última xornada da fase de grupos contra o A.d. Carballal. En xogo, a disputa dos cuartos de final da competición. O equipo afronta con ilusión esta parte final da tempada onde todas as xogadoras seguen sumando e acumulando experiencia. O partido será o sábado ás 16:45 no Vila de Noia.
Categorías Base; Liga Ouro
Protagonismo absoluto para as infantís do Punta del Este Xiria, que xogarán a final a catro no Lalín Arena esta fin de semana. As semifinais xogaranse ás 18:30 e o seu rival é o Faro de Vigo Carballal. A tempada foi excelente e tratarán de poñerlle a guinda de alcanzar a final do domingo. En xogo están as prazas para a disputa do campionato de España. O club segue crecendo grazas ao traballo e o esforzo das súas xogadoras.
Categorías Base; Alevín e benxamín 5.
Unha das sedes da Copa Deputación é Carballo; por tanto, o sábado no Ceip Fogar gozaremos desde as 10:00 ata as 14:00 de ata 12 partidos de balonmán 5.
Empezarán a quenda con 6 partidos de benxamíns, onde Óptica Auris Xiria, Telepizza Xiria, Maquisaba Xiria A e Maquisaba Xiria B, apurarán as súas opcións de clasificación para a seguinte eliminantoria. Seguirán 6 partidos de alevíns, con enfrontamentos para Reneymar Xiria e Insplaber Xiria.