Previa do 15-16 abril

1ª Estatal
O sábado, o Calvo Xiria viaxa a Ribadavia para xogar contra Bm. Ribeiro. O equipo non viaxará só; xa que desde Carballo, marchará unha expedición de Xiareiros, en autobús, para animar ao seu equipo; que podería certificar a permanencia esta fin de semana. O conxunto local; goza de xogadores con experiencia e calidade dabondo contrastadas, desenvolven un gran xogo combinativo, destacando a relación co pivote.
A pista de O Consello, é das máis complexas da primeira estatal, pero o Calvo Xiria, buscará a maneira de continuar coa liña ascendente das últimas semanas; onde a melloría do xogo do equipo en todas as súas fases, levoulle a obter bos resultados. O partido xogarase ás 19:00.

1ª Autonómica Feminina
Último partido de liga regular para o Calvo Xiria. O destino quixo que se enfrontasen, primeiro e último clasificados. Un partido desigual, onde o Calvo Xiria, nestes momentos da tempada, está a pensar na súa preparación para a fase de ascenso. As semanas discorren nun proceso de carga para chegar nas mellores
condicións; por iso este tipo de partidos serven e moito para que as xogadoras gocen e desconecten da carga semanal; xa que aínda quedan 4 semanas para a fase. O partido será o domingo no Vila de Noia, ás 12:00 contra Balonmán Narón.

Categorías Base: Liga Ouro
Fin de semana especial, para moitos equipos de liga Ouro. ALS Xiria e Hierros Varela Urbieta Xiria, obtiveron o pase á final a catro, onde os gañadores, obterán unha praza para o campionato de España.
Dúas xeracións que creceron exponencialmente ao longo da tempada, aproveitando cada minuto de competición. Así pois, viaxan á Guarda, con ilusión e gañas de dar o máximo. Dáse a casualidade, que o enfrontamento de semifinais, tanto en categoría feminina, como masculina será o mesmo: Balonmán Porriño. Ás 15:15, no pavillón A Sangriña, fará a súa aparición Hierros Varela Urbieta Xiria, e seguidamente, ás 17:15, xogará o ALS Xiria. Os dous equipos, esperarán rival, para xogar o domingo, xa sexa o terceiro e cuarto posto, ou a ansiada final, na que todos os equipos quererían estar.
As outras semifinais son: en categoría feminina, Mecalia Atlético Guardés contra Sar Rodavigo; e en categoría masculina, Club Cisne Colexio Los Sauces contra Upi Informática Lalín. Sorte a todos.

Pola súa banda, as categorías infantís e cadetes chegan ao fin da liga regular esta fin de semana. O Nordata Xiria, coa segunda praza asegurada e a histórica clasificación para o campionato de España, nas súas mans, xogará o sábado ás 10:00 no pavillón de Almeiras contra Bm. Culleredo Canosa Abogacía.
O domingo, o Garaysa Xiria xoga contra Atlético Novás, ás 12:00 no CEIP Fogar. O equipo debe gañar e esperar un tropezo de Abegondo Opemat, co que actualmente está empatado a puntos para pasar á
seguinte fase. Pechará a xornada o Grupo Lemaco Xiria A, ás 18:30, no CEIP Fogar, contra Socaire Arquitectos Bueu Atl. Balonmán. A clasificación para a final4 está asegurada, e son terceiros. Pero unha
vitoria e un posible tropezo de Cisne, elevaríalles á segunda praza. Será unha xornada intensa e emocionante.

Categorías Base: Liga Prata
O sábado, no CEIPFogar ás 11:00, o Garaysa Xiria B, xoga contra Academia Pluralia Bm. Línea 21. E ás 12:30 o Tubasys Xiria enfróntase ao Bm. Pabellón.

Categorías Base: Escolas Balonman Xiria
Na competición de alevín 7; o sábado, ás 10:00 o Garaysa Xiria, xoga contra Bm. Abegondo Súmate no CEIP Fogar. E en Almeiras (Culleredo), ás 11:15 farao ALS Xiria contra Bm. Culleredo Cristalería Gestal, e ás 12:30 Reneymar Xiria A contra Bm. Culleredo Galkimia.
O domingo, no Vila de Noia, ás 10:30, Reneymar Xiria B, xogará contra Club Balonmán Atlántico.
A competición de Bm5 en categoría benxamín mixto xogarase o sábado en Santa Comba no pavillón A Fontenla.
Maquisaba Xiria B, ten dobre enfrontamento, contra Bm Camariñas A e Pontedeume A Ciaboga. Tamén Óptica Auris Xiria ten dobre partido, contra Bm. Camariñas e Bm. Xallas FC.