Previa do 18-19 de marzo

1ª Estatal
Regresa a primeira nacional ao Vila de Noia. O sábado ás 20:00, Calvo Xiria e Lirón SD Teucro, enfróntanse nun partido máis importante para os locais que para os visitantes, que practicamente
selaron a permanencia a semana anterior na súa vitoria contra Bm Cañiza. Un Calvo Xiria coa enfermería chea, sumábaselles Jorge Bouzas no partido contra Luceros e Aaron Rodríguez, que será
dúbida ata última hora polos seus problemas nas costas, que lle impediron adestrar durante a semana. Brais Puñal súmase ao cadro de xogadores, para axudar aos seus compañeiros, que a pesar
das dificultades; o equipo segue traballando cada semana co obxectivo de lograr a permanencia. A achega de todos os xogadores dispoñibles e, sobretodo, a calor da afección, será vital contra un SD
Teucro que chega cos deberes feitos. Un dos factores importantes deste choque; será a alta efectividade nas oportunidades de lanzamento creadas.

1ª Autonómica Feminina
Ao Calvo Xiria, fáltanlle 4 xornadas para o final de liga. Necesita gañar dous dos seus partidos para cantar o alirón. O equipo viaxa a Vigo, o domingo ás 13:00 no Mpal. de Carballal, xogará contra
Gránitos Ibéricos Carballal. A pesar do que diga a clasificación, o equipo vigués crécese como local, e fai da súa pista un fortín. O Calvo Xiria, que no partido da semana pasada perdía a Duna e Raquel Gómez; espera recuperar a Lara Otero para un enfrontamento que será igualado e que decidirán os pequenos detalles.

Categorías Base: Liga Ouro
O sábado, o Grupo Lemaco Xiria A, xogará no Vila de Noia ás 10:15, contra Iberconsa Bm. Reconquista de Vigo. Os locais son favoritos para facerse cos dous puntos. Ás 12:30 no Ceip Fogar, o Garaysa Xiria A buscará a vitoria diante do UB Lavadores Vigo.
Nordata Xiria xogará a domicilio, contra Javucho Publicidade Bm Caselas, ás 11:45 no Mpal. de Caselas.

Categorías Base: Liga Plata
O sábado, no Ceip Fogar, ás 11:15, o Garaysa Xiria B xogará contra Librería Dalvi Lalín e Tubasys Xiria e Padthaiwok Bueu Atlético Bm, xogarán ás 17:00. Nestas últimas semanas as de Carballo evidenciaron unha gran evolución.

Categorías Base: Escolas Balonman Xiria
En alevín 7, empeza a segunda fase para todos os equipos. O sábado, no Ceip Fogar, ás 10:00 Reneymar Xiria A enfróntase a Bm Abegondo F40. Ás 11:30, en Oleiros, no pavillón Valle Inclán
Reneymar Xiria B, enfrontarase ao Club Balonmán Atlántico. E o domingo o Garaysa Xiria, xogará no pavillón San Marcos contra Bm Abegondo Súmate ás 10:30.
Na competición de Bm5, xogarase o sábado. O Maquisaba Xiria A, ten dous partidos en Tarrío; ás 9:45 e ás 11:15 contra Colegio Liceo La Paz Verde e Bm Camariñas A, respectivamente.
Ata o pavillón de Galán, en Arteixo, viaxarán Maquisaba Xiria B, Insplaber Xiria, Óptica Auris Xiria e Telepizza Xiria, para xogar contra, Bm Xallas FC, Colegio Liceo La Paz Blanco, Grabados
Calvo Arteixo Bm e Bm Culleredo Artefogo.