Previa do 19-20 de novembro

1ª Estatal
Volve o Calvo Xiria ao Vila de Noia este sábado ás 20:00, nun momento no que necesita todo o apoio da súa afección. O equipo segue traballando de maneira
positiva, corrixe e mellora cada semana; pero tamén é certo que ten
gañas de cultivar un bo resultado. O Calvo Xiria debe de lidar coa
ansiedade inicial, que non lle está permitindo empezar ben os
partidos, centrarse no seu xogo e no rival que terá enfronte.
Desta volta, será o Ub Lavadores Vigo, recentemente ascendido, ten
mocidade na pista e experiencia no banco, con Luís Montes; están a
realizar unha boa tempada. Un dos perigos deste Lavadores é que
aproveita ben os erros do rival, para marcar goles ao contraataque;
polo que ó balance será fundamental; pero tamén debe estar fino no
ataque posicional o Calvo Xiria, coas ideas claras e cun xogo fluído que marque a pauta do partido.
Veremos un partido dinámico, aberto, e con ritmo. Balonmán en
estado puro, nun Vila de Noia que ten que apoiar aos seus coma se
dunha final se tratáse.

Categorías Base: Escolas Balonman Xiria
Na xornada 3 de balonmán 7 alevín; os equipos de Escolas Balonmán
Xiria xogarán o domingo. Reneymar Xiria B, desprazarase ata Oleiros para xogar contra Club Balonmán Atlántico ás 10:30 no Pavillón Valle Inclán. E na casa; no pavillón Ceip Fogar; xogarán Reneymar Xiria A contra Bm Abegondo, ás 10:30 e acto seguido, ás 11:30 farano ALS Xiria contra Bm Línea 21 Restaurante Cho.

Esta fin de semana dará comezo, a competición de Balonmán 5. O
sábado; desde as 10:00 ata a 13:00, Carballo será unha das sedes
nesta primeira xornada; no pavillón Ceip Fogar. Xogarán os equipos de Telepizza Xiria; Maquisaba Xiria A; Maquisaba Xiria B e Insplaber Xiria.
Os seus rivais, serán, Bm Ribadosar; Bm Xallas; Bm Camariñas e CB
Atlántico. O único equipo que deberá desprazarse para disputar o seu encontro de balonmán 5 é o Óptica Auris Xiria, que ten a súa xornada en Culleredo; contra Bm Abegondo ás 12:15.

RESULTADOS, STREAMING…