Previa do 21-22 de maio

1ªAutonómica Feminina.

O Calvo Xiria afronta os cuartos de final de Copa Federación nun derbi contra Bm Camariñas o domingo ás 12:00 no Vila de Noia. O excelente rendemento cultivado polas xogadoras este ano, será ovacionado pola afección no último partido da tempada na casa. Que mellor maneira de facelo que no derbi comarcal. Juana Garrochena, que se retira ao finalizar esta tempada, poderá despedirse nas pistas coas súas compañeiras. Deixa as pistas unha gran xogadora; pero o balonmán e o Calvo Xiria gañan unha afeccionada para toda a vida. Grazas Juana!!!

Categorías Base. Copa Federación

Laber Xiria e Hierros Varela Urbieta Xiria tamén afrontan os cuartos de final de Copa Federación; unha eliminatoria emocionante ante un difícil rival, Bm Porriño, tanto en categoría xuvenil feminina como masculina.

Categorías Base. Copa Galicia

 O Grupo Lemaco Xiria xoga a final a 4 da Copa Galicia, este sábado no municipal do Lalín. As semifinais son ás 10:30 contra o Upi Informática Lalín. O equipo que se clasifique xogará a final ás 12:30. Toni García desprazará 16 xogadores para afrontar o difícil reto de gañar a Copa.

Categorías Base; Alevín 7

Fase Final da liga Rodosa para o Reneymar Xiria que xoga as semifinais ás 11:00 no Lalín Area contra Bm Chapela. Gran progresión duns xogadores que son na súa totalidade de primeiro ano.

Categorías Base; Alevín e benxamín 5.

Fase final de Copa Deputación da Coruña, que se xogará en Camariñas, ao longo do domingo. Xornada maratoniana e festiva para o crecemento do balonmán na provincia. Disputarana Insplaber Xiria, Maquisaba Xiria B e Telepizza Xiria