Previa do 23-24 de abril

1ª Nacional  

Emocionante partido o que ten que afrontar o Calvo Xiria esta fin de semana. Xoga ás 19:00 contra  o Disiclin Balonmán Lalín, no Lalín Arena. O rival é o lider da categoría, e a falta de 4 xornadas  quere remarcar o seu status con permiso do Oar. Pero á marxe do que poida estar en xogo; un enfrontamento entre Lalín e Xiria sempre é do gusto dx afeccionadx. Dous equipos de canteira que  buscan crecer no balonmán nacional.  

Actualmente, o Disiclin Lalín conta con xogadores con gran experiencia e é un dos factores que lles permiten ter máis regularidade ao longo da campaña. Un equipo con xogo rápido e con especial  atención nas transicións onde gañaron moito peso no seu xogo esta tempada.  O Calvo Xiria recupera efectivos para este encontro, quere xogar ben, competir durante os 60  minutos, e chegar ao final do partido con opcións de poder levar a vitoria, onde o acerto final  pode marcar quen leve os dous puntos.  

1ªAutonómica Feminina  

O Calvo Xiria afronta a súa primeira final a 4, pero como no resto da tempada, queren ir paso a  paso, vivir cada acción, pelexar conxuntamente e competir como o fixeron ata o de agora.  Cdec Lavadores Vigo é o gran favorito pero o Calvo Xiria, chega con opcións, con confianza e  afróntano como unha experiencia positiva da que poderían saír reforzadas.  

O seu primeiro rival na semifinal é o Forbe Reconquista de Vigo. Tratará o Calvo Xiria de lograr  unha vitoria que lle permita seguir loitando ata o último día.  

A afección ten que desprazarse a Culleredo para poder ver esta eliminatoria no pavillón Tarrío ás  11:00 o sábado.  

Categorías Base; Liga Ouro  

O Grupo Lemaco Xiria A, afronta a última xornada da liga contra o Cisne Colegio Los Sauces. O  domingo ás 18:30, no pavillón Ceip Fogar. As opcións por meterse na final a 4, pasan porque  Culleredo perda o seu partido ou se empata; o Grupo Lemaco Xiria ten que gañar o seu. No caso de  que Culleredo gañase, os de Carballo serían sextos.  

O Garaysa Xiria xoga o domingo ás 10:30 no Palomar, en Lugo, contra o Cp Lucense, partido de  suma dificultade ante un rival que apenas se deixa puntos como local. Tratarán de aproveitar cada  oportunidade para seguir pelexando polos postos de cabeza.  

O Punta del Este Xiria A xogará o derbi provincial contra o Bm Culleredo Canosa Avogacía o  domingo ás 11:30, unha vitoria clasificaríaas directamente á final a 4.  

Categorías Basee; Liga Prata  

O Punta del Este Xiria B xoga o sábado ás 12:30 a domicilio contra o Asmubal Meaño. Un punto é  o que necesitan as infantís para proclamarse campioas de liga.  

Categorías Base; Alevín 7  

Empeza a segunda fase para os 4 equipos alevíns do Xiria. Na liga Hummel o Garaysa Xiria xoga  contra Abegondo Todo Deporte o sábado ás 10:00 no pavillón San Marcos. Na liga Rodosa,  Reneymar Xiria e Carpintería Gómez Xiria xogan contra Bm Culleredo Canedo e Bm Culleredo  Opema, o domingo ás 10:30 e 10:15 en Carballo. Na liga Cdec, Laber Xiria xoga o domingo ás  11:30 contra Bm Culleredo Galkimia no IES Monteneme.

Entradas, streaming, resultados…:

https://www.balonmanxiria.com/os-partidos-da-xornada/