1ª Estatal
O sábado ás 20:00, no municipal de Lavadores, o Calvo Xiria enfrontarase ao UB Lavadores Vigo, nun vibrante encontro na loita pola permanencia. O Calvo Xiria ten ante se, un dos retos máis difíciles da tempada; e para iso, estará ben acompañado dun centenar de afeccionadXs carballesXs, que se desprazarán ata
Vigo para arroupar ao seu equipo neste crucial momento da tempada.
Sobre o partido, o Calvo Xiria, tratará de contrarrestar as variantes defensivas que propoña o seu rival, e levar o partido ao ritmo que máis lle interesa, para poder manter unha intensidade defensiva alta. Tamén poñerá especial atención aos contraataques do seu rival, e nas situación 6×6 no posicional, os cambios de dirección e de ritmo que en moitas ocasións parten do seu central ofensivo, cara zonas exteriores, onde gañan protagonismo goleador os extremos.
1ª Autonómica Feminina
O domingo ás 12:30, no Vila de Noia, Carballo e o Calvo Xiria teñen unha cita coa historia. O esforzo e o traballo deron os seus froitos, e unicamente dous puntos separan ao Calvo Xiria de gañar a liga e clasificarse matematicamente para a fase de ascenso a división de honra prata. O seu rival, o Seis Do Nadal, penúltimo clasificado con 6 puntos, desborda mocidade e un proxecto a medio prazo que se irá consolidando co tempo. Mentres o Calvo Xiria, segue preparándose concienzudamente, como cada semana; para poder facerse cunha vitoria, que lle daría un título, que salta á vista, gañarono sobre o 40×20.
Categorías Base: Liga Ouro
O domingo, no Vila de Noia, última xornada de liga para os equipos xuvenís. Hierros Varela Urbieta Xiria está a un punto da quinta praza, deberá gañar o seu partido contra Dispesfra Rasoeiro Bm e esperar a que SAR perda contra Bm Cañiza para poder ter opcións de clasificarse para a final4. A xornada será unificada para todos os equipos ás 16:30.
ALS Xiria, xa clasificado para as fases finais, xogará ás 18:30 contra Balonmán Porriño. En xogo, ser quinto ou cuarto. Algo que tamén dependerá do resultado do partido entre Lalín e Culleredo. Cuarto e sexto clasificado nestes momentos. ALS Xiria e Bm Lalín están empatados a puntos mentres Culleredo vai dous por baixo. Esperaremos á resolución dos encontros para ver cal é a posición final.
Categorías Base: Liga Prata
O sábado, inicia a xornada ás 10:00, o Punta del Este Xiria contra Colegio Liceo La Paz, no pavillón CPR Liceo La Paz. Ás 12:00 no Vila de Noia, o Garaysa Xiria B, xogará contra Iberconsa Bm Reconquista de Vigo. Ás 12:30, Tubasys Xiria xoga a domicilio no pavillón de Almeiras, contra Bm Culleredo Fisioterapia Benestar. E pecha a xornada ALS Xiria B, á 13:15, contra Clube Balonman Tui, no mpal Gustavo Rodríguez.
O domingo, última xornada de liga para o Grupo Lemaco Xiria B, que xogará contra Cp Lucense ás 10:30 no Vila de Noia.
Categorías Base: Escolas Balonman Xiria
En alevín 7. dobre xornada para ALS Xiria. O sábado enfrontarase no derbi local ao Reneymar Xiria B, no Vila de Noia ás 10:30. E o domingo no Ceip Fogar, ás 11:30 xogará contra Bm Culleredo Cristalería Gestal.
Garaysa Xiria e Bm Culleredo Ascor Consulting xogarán o domingo ás 10:30 no Ceip Fogar, en plena loita polo liderado.
E Reneymar Xiria A, desprazarase o sábado A Coruña, para xogar contra OAR Coruña 1952, ás 10:00, no pavillón San Francisco Javier.
Por último, na mañá do sábado teremos a competición de Bm5. Insplaber Xiria xoga en Tarrío ás 12:00 contra Bm Narón Amarelo e en Carballo; o Ceip Fogar albergará partidos desde as 9:45 ata a 13:00. Visitarán Carballo, os equipos benxamíns e alevíns do Oar Coruña, Colegio Liceo e Bm Ribadosar, para xogar contra Maquisaba Xiria A, Maquisaba Xiria B, Óptica Auris Xiria e Telepizza Xiria.