Previa do 27-29 de xaneiro

1ª Estatal

Regresa o balonmán ao Vila de Noia, volve o Calvo Xiria ao seu feudo. O último partido que se xogaba como local, foi o 17 de decembro; polo que xa tiñamos ganas de xogar en casa de novo. O sábado ás 20:00 contra Bm Ingenio. O conxunto canario; é un dos rivais fortes da categoría, cunha antropometría física superior á media, deberá o Calvo Xiria buscar ocos na defensa 6:0, e temporizar ben o ritmo de partido, ante a experiencia do equipo visitante. A afección ten que ser o xogador número oito e animar aos seus xogadores desde o inicio do encontro.

1ª Autonómica Feminina

O Calvo Xiria, líder da categoría, nestes momentos, mídese no derbi provincial ao Mantido Sl Constr Bm Xallas. As de Carballo, miran á enfermería co fin de ir recuperando xogadoras, e así poder afrontar este tramos de liga. Mentres tanto, a mestura de xogadoras xuvenís coas máis experimentadas do persoal, está a funcionar á perfección. A experiencia do equipo nestes momentos é fundamental, á hora de preparar os partidos e nesta ocasión o Xallas vén co propósito de poñer ao Calvo Xiria contra as cordas. Un partido emocionante que se xogará o domingo ás 12:30 no Pavillón Vila de Noia, na loita por seguir no liderado.

Categorías Base: Liga Ouro

ALS Xiria ten dobre xornada esta semana. Dous partidos da parte alta da táboa. O venres enfróntase ao Bm Luceros ás 19:30 no Vila de Noia. Mentres o domingo ás 10:30 disputará o derbi provincial contra o Oar Coruña, tamén no Vila de Noia. Pola súa banda, o Hierros Varela Urbieta Xiria xoga contra un rival directo pola última praza da final4; Sar Rodavigo; o sábado ás 11:30 na Bombonera. Inmediatamente despois, á 13:00 o Nordata Xiria e o Sar Rodavigo xogarán un encontro de seguro vibrante. O Grupo Lemaco Xiria viaxa con algunhas baixas considerables, para enfrontarse ao Clube Balonman Tui, o sábado ás 11:00, no pavillón mpal Gustavo Rodríguez. Mentres os infantís do Garaysa Xiria teñen a difícil papeleta de enfrontarse ao Vayro Lalín, o sábado ás 10:30 no Lalín Arena.

Categorías Base: Liga Prata

O sábado Punta del Este Xiria xoga contra Brigantium Nunegal, no San Francisco Javier ás 10:30 e ás 18:00 no mpal de Viveiro, ALS Xiria B xoga contra Club Bm Apartamentos TurisVivieiro. Xa o domingo, poderemos ver no Ceip Fogar ao resto de equipos que disputan a categoría de prata. Ás 10:00 Garaysa Xiria B, xoga contra Reprint Arteixo Bm. Ás 11:30 Tubasys Xiria contra Óptica Studio Bm Cangas e á 13:00 Grupo Lemaco Xiria B, contra Club Balonmán Atlántico.

Categorías Base: Escolas Balonman Xiria

Na categoría de alevín 7, Reneymar Xiria A y Garaysa Xiria se enfrentan el sábado a las 10:30, mientras Reneymar Xiria B, juega a las 11:30 contra Bm Línea 21. Na categoría de BM5 que se disputa o sábado pola mañá en Arteixo no pavillón de Galán, o Insplaber Xiria, Maquisaba Xiria A, Maquisaba Xiria B, Telepizza Xiria e Óptica Auris Xiria enfrontaranse aos equipos do Bm Narón, Tirso de Molina, Oar Coruña, Telepizza Arteixo e Oar Coruña, respectivamente.