Previa do 29-30 de outubro

1ª Estatal

O Calvo Xiria; viaxa ata As Palmas; para xogar o sábado contra Km13 Gáldar ás 20:00 (21:00 hora peninsular); no polideportivo Juan Vega Mateos. Gáldar é un equipo estruturado defensivamente e na parcela ofensiva ben comandado polos seus xogadores de primeira liña. O Calvo Xiria adestrou durante a semana co foco posto na mellora defensiva e tácticamente preparándose para o partido. A convocatoria ás illas está formada por 12 xogadores. Ao Calvo Xiria espéralle un partido de ritmo alto nas transicións e cunha bancada intensa en cada partido. Polo que deberá manter a concentración durante os 60 minutos e saber gozar este tipo de partidos.

1ª Autonómica Feminina

O Calvo Xiria e o Tapería Dos Chata Bm Cangas; dispútanse o liderado da primeira autonómica. As visitantes marchan invictas; e o Calvo Xiria unicamente atopou a derrota na xornada 1. É un partido de máxima esixencia para os dous equipos; cun factor que esperemos sexa determinante; o Vila de Noia. A afección de Carballo arroupará ás súas xogadoras durante os 60 minutos. O partido disputarase o domingo ás 12:30.

 

Categorías Base: Liga Ouro

O sábado empezarán a xornada a domicilio; contra o U.B. Lavadores Vigo; o Nordata Xiria ás 10:00 e o Hierros Varela Urbieta Xiria ás 11:30; no pavillón mpal de Lavadores. O domingo tamén como visitantes, xogarán ás 10:00 o Grupo Lemaco Xiria A contra Bm Abegondo Siem, no pavillón San Marcos e seguidamente ás 11:30, Garaysa Xiria A contra Abegondo Opemat. O único equipo que xogará como local; é o ALS Xiria A, que se enfrontará ás 10:30 no Vila de Noia, ao Ibeconsa Bm Reconquista de Vigo.

Categorías Base: Liga Prata

O sábado tócalle viaxar; ao ALS Xiria B, que xogará no pavillón Campo dá Serra contra o Balonmán Narón ás 17:30. Garaysa Xiria B; madrugará para xogar contra o Colegio Liceo La Paz ás 10:00, na Coruña. Mentres Punta del Este Xiria xoga o seu partido ás 10:45 no Ceip Fogar contra Bm Brigantium. Tamén o sábado, Tubasys Xiria xogará ás 12:45 no Ceip Fogar contra Padthaiwok Bueu Atlético Balonman. Por último, o domingo ás 12:30 no pavillón Valle Inclán, en Oleiros, Grupo Lemaco Xiria B, xogará contra Club Balonmán Atlántico.