Previa do 3-4 de decembro

1ª Estatal

O Calvo Xiria deberá afrontar nos próximos 7 días, 3 partidos de máxima esixencia. O sábado ás 20:00 no Vila de Noia recibe ao Bm Ribeiro. Equipo moi reforzado e coas máximas aspiracións esta tempada; pero ao que os resultados non lle acompañaron nas últimas semanas. Sabe ben o Calvo Xiria o que é pasar por esa situación e quere que o seu feudo sexa de vital importancia para este choque; que o público sexa o xogador que necesita ante as baixas que esta a sufrir. O adestrador Adrián Dubra; non poderá contar para este encontro con Edu Cousillas, Diego Antelo, Gabriel Castiñeiras, Alejandro Gómez e Antonio Calvelo. Veremos algún xogador xuvenil completar a convocatoria que será de 14 xogadores. O técnico confía no ideal de xogo do equipo e que todos os xogadores son capaces de achegar na dinámica de grupo cando é necesario. Enfróntase a un rival con experiencia; que explota ben as accións de 1×1 e 2×2. Deberá por tanto controlar as distancias defensivas e as liñas de pase entre 6 e 9 metros. A defensa está a ser un dos piares da remontada do Calvo Xiria; que quere seguir mellorando no seu xogo e traballa para conseguir o equilibrio entre a defensa e ataque; e así controlar as perdas de balón. Dous puntos importantes; xa que é o primeiro partido dos 3 que teñen que afrontar en 7 días.

Categorías Base: Liga Ouro

Estrea a xornada o sábado ás 10:00 no Vila de Noia; o Hierros Varela Urbieta Xiria; que afronta a difícil papeleta de enfrontarse ao Bm Porriño A; un dos equipos máis fortes de Galicia que actualmente marcha segundo clasificado. Viaxan ata Vigo; para enfrontarse ao Bm Carballal; ata 3 equipos de liga Ouro. O pavillón municipal de Carballal; abrirá a xornada para o Garaysa Xiria ás 10:00; seguidamente ás 11:15 xogará o Grupo Lemaco Xiria A, e pechará a expedición o Nordata Xiria ás 12:45. 3 partidos que serán igualados e de moita emoción. O ALS Xiria A, buscará o domingo ás 12:15 no Ceip Fogar; reencontrarse coa vitoria ante un aguerrido Atlético Novás.

Categorías Base: Liga Prata

O sábado no Vila de Noia, o Tubasys Xiria xogará ás 11:45 contra Sanxenxo Bm. ALS Xiria B, terá derbi provincial no pavillón de Almeiras o sábado ás 11:00 contra Bm Culleredo. Garaysa Xiria B, tamén terá o seu derbi; pero no San Francisco Javier ás 16:00 contra o Oar Coruña. O domingo ás 10:30 no Ceip Fogar, será a quenda para o Grupo Lemaco Xiria B, que xoga contra Bm Ribadosar. E Punta del Este Xiria xogará en Santa Comba ás 12:00 contra Bm Xallas no pavillón Fontela.

Categorías Base: Escolas Balonman Xiria

Na categoría de alevín 7, abrirán a xornada, o sábado ás 11:45; Reneymar Xiria A e Reneymar Xiria B, no Ceip Fogar. E ás 12:45 ALS Xiria enfrontarase ao Bm Culleredo. Por último; o Garaysa Xiria xogará ás 17:30 no pavillón San Francisco Javier na Coruña contra o Oar. No balonmán 5, as alevíns do Insplaber Xiria xogan en Tarrío á 13:00 contra Bm Culleredo. Mentres os equipos benxamíns de Óptica Auris Xiria, Maquisaba Xiria A, Maquisaba Xiria B e Telepizza Xiria, xogarán o domingo en Oleiros no pavillón Valle Inclán.