1ª Estatal
O Calvo Xiria afronta o primeiro duelo dun mes de marzo importante na súa loita pola permanencia. O sábado ás 20:00, o Vila de Noia acollerá o enfrontamento entre o Calvo Xiria e o Km13 Gáldar. A afección carballesa, estará ao lado do seu equipo desde o
quencemento, como vén sendo habitual toda tempada. Saben da importancia que teñen os seus cánticos e o apoio que necesita o equipo nestes momentos.
O Calvo Xiria necesita manter a intensidade defensiva durante todo o encontro e para iso estivéronse preparando ao longo da semana; ante un conxunto canario rápido nas transicións defensa-ataque e marcando os tempos desde o ataque posicional. Por tanto
unha das chaves do partido será o bo facer do balance defensivo.
1ª Autonómica Feminina
Enfrontamento crucial para o Calvo Xiria na loita polo título, na súa visita a Cangas. Tapería Dos Chata Bm. Cangas é cuarto, cun partido menos que o Calvo Xiria, que marcha líder da competición. Polo que de conseguir un resultado positivo, achegaría ás de Carballo, ao seu principal obxectivo. O partido prevese igualado e con algarismos
baixos. A parcela defensiva e a efectividade no contraataque unha das armas principais dun Calvo Xiria que viaxa coa máxima ilusión.
Categorías Base: Liga Ouro
Intensa xornada a do sábado nas ligas Ouro. O Hierros Varela Urbieta Xiria xogará no Vila de Noia ás 12:00 contra Chorro Naval As Choqueiras De Redondela. Actualmente sextas; só lles vale gañar e esperar un tropezo dos seus rivais que marchan por arriba. Triplo
derbi provincial para os equipos masculinos; contra Bm Culleredo, o ALS Xiria estreará a xornada o venres ás 19:15 no pavillón Vila de Noia; mentres o Garaysa Xiria e o Grupo Lemaco Xiria xogarán o sábado ás 11:45 e á 13:00, no municipal de Almeiras. Emoción
por milleiros e bó balonmán.
Pola súa banda o Nordata Xiria ten o partido máis difícil da tempada, xa que xoga a domicilio no pavillón do Gatañal o domingo ás 16:00 contra Tecnosat Bm. Cangas, actual líder da competición.
Categorías Base: Liga Prata
O sábado ás 11:00 o ALS Xiria xogará en Redondela, contra o Balonmán Chapela, no pavillón Manuel González Soto. O Garaysa Xiria e o Liceo La Paz enfrontaranse no Ceip Fogar ás 12:15. E domingo ás 17:30, o Tubasys Xiria xogará no pavillón do Gatañal
contra Óptica Studio Bm. Cangas.
Categorías Base: Escolas Balonman Xiria
En alevín 7, o sábado no Ceip Fogar, ás 10:00 Reneymar Xiria A vs Club Balonmano Atlántico e ás 11:00, Reneymar Xiria B contra Bm Abegondo F40. Mentres no pavillón de
San Marcos ás 10:00 xogan Bm Abegondo e ALS Xiria.
O domingo ás 10:30, en Novo Mesoiro, o Garaysa Xiria xogará contra Bm Línea 21 Restaurante Cho.
Na competición de Bm5, a xornada desenvolverase na Coruña en CPR Liceo La Paz, o sábado pola mañá. Insplaber Xiria, Maquisaba Xiria A, Maquisaba Xiria B, Telepizza Xiria e Ópticas Auris Xiria xogarán contra Tirso de Molina, Pontedeume A Ciaboga, Bm. Xallas e Colegio Liceo La Paz.