Previa do 30 abril- 1 maio

1ª Nacional  

A tan só tres xornadas para o final de liga, o Calvo Xiria apura as súas opcións de ser  cuarto clasificado. Esta semana enfróntase a Sar Plastic Omnium, o sábado ás 20:00 no  Vila de Noia. Os de Redondela gozan dun bó estado de forma xa que dos últimos 5  partidos tan só perderon un. Gran parte do seu xogo baséase na relación da primeira liña  coa segunda liña, a través da mobilidade e a circulación de balón. O Calvo Xiria ten ante se un reto defensivo do que tratará de levar a batuta do xogo e imprimir a súa particular  velocidade nas transicións.  

O Calvo Xiria espera a resposta da súa afección ante o que será o penúltimo partido na  casa desta tempada.  

1ªAutonómica Feminina. Copa.  

Inicia a Copa o Calvo Xiria en Vigo o domingo ás 12:00 contra o Seis Do Nadal. O  equipo quere remarcar unha tempada exitosa cunha boa actuación nesta competición. A  concentración e as competencias dentro do equipo son importantes para afrontar o  último tramo da tempada. As xogadoras son conscientes que teñen que dar un plus estás  semanas e seguir crecendo como bloque tal e como o veñen desenvolvendo ata o de  agora.  

Categorías Base; Liga Ouro 

O Laber Xiria e o Hierros Varela Urbieta Xiria comezan a Copa coa disputa en Carballo  dos seus respectivos partidos. O primeiro xogará o sábado ás 17:30 contra Bm Culleredo Óptica Gallaecia e o segundo farao o domingo ás 18:30 contra Bm Culleredo Rafergal.  Grupo Lemaco Xiria A, xoga contra Telepizza Arteixo o domingo ás 10:00. Tamén en  domingo, os equipos infantís disputan a última xornada de liga. Punta del Este Xiria A  xogará en Tui ás 10:30 contra Clube Balonman Tui e Garaysa Xiria ás 12:00 no Ceip Fogar contra Cisne Mundo De Sepo.  

Categorías Base; Alevín 7  

Segunda xornada da segunda fase da liga. Todos os equipos xogarán o sábado pero o  Garaysa Xiria será o único equipo que xogue como local. Farao ás 10:30 no Vila de Noia contra Colegio Liceo La Paz. Mentres os outros equipos xogarán en Tarrío contra os  equipos de Bm Culleredo. Ás 10:00 empezará o Reneymar Xiria, ás 11:00 será a quenda  de Carpintería Gómez Xiria e ás 12:00 finalizará o Laber Xiria