Previa do 4-5 de Novembro

Previa do 4-5 de Novembro

SÉNIOR MASCULINO 1ª NACIONAL

Esta fin de semana disputase a 8ª xornada de Primeira Nacional e o Calvo Xiria recibe en Carballo ao Balonmán Ingenio de Las Palmas de Gran Canaria.

O plantel do Bm Ingenio está composto por 24 xogadores, dos que 10 son invitados (9 do filial e 1 xuvenil), 11 son maiores de 23 anos cunha media de idade 29, se lle computamos os invitados a media baixa a 26 anos. Mantén o bloque que o ano pasado, coa incorporación de dous xogadores, Tomás Bañeras (procedente do Tejina) e Abian del Cristo Hernandez (procedente do Rocasa). Tomás acadou os 126 goles a temporada pasada. O Ingenio conta no seu equipo co xove Daniel Martín, que o ano pasado marcou 243 e foi o 2º máximo goleador da categoría, que neste xa leva 63, e está ao fronte da táboa de máximos goleadores da categoría. Na faceta goleadora está acompañado por Armando Santana (28), polo propio Tomás Bañeras (21) e Rodrigo Ortega (20).

A temporada pasada os canarios levaron os puntos nos dous partidos que disputamos e remataron a competición na quinta posición. A traxectoria de ambos equipos presenta un encontro igualado a priori, os dous equipos acoden con 8 puntos na táboa de clasificación, o noso equipo cun partido menos, tras a viaxe frustrada a Tenerife. O Ingenio comezou a liga con 3 vitorias consecutivas fronte a Lanzarote, Lalín e OAR, tres dos aspirantes ao título. Temén venceu a Cañiza e saíu derrotado nos partidos con Reconquista, Luceros e o pasado sábado co Teucro. Leva unha media de 31 goles por partido, tanto a favor como en contra, con saldo 0. O noso equipo comparece cunha media goleadora de 33 goles a favor e 32 en contra. Os antecedentes da temporada pasada e o feito de que o Ingenio xa disputou parte dos seus encontros fronte aos equipos mais fortes da categoría dan certo favoritismo a favor do equipo visitante, os de Carballo van ter que dar o mellor de si e contar co apoio dos seus xiareiros se quere sacar os puntos en xogo.

 

SÉNIOR MASCULINO 1ª NACIONALO Calvo Xiria debuta na casa na liga regular de 1ª autonómica feminina e para este ano presenta unha plantila moi xove, cunha media de 23 anos, formada polas primeiras liñas Aída Vizcaíno, Lucía de la Torre, Minia Calvo e Tamara Pombo; coas extremos Elena Segade, Mara Garabaya, María Patiño, Marta Gómez e Valeria Figueroa; coas pivotes Natalia Solis, Sheila Ferreiro e Andrea Díaz; e na portería a Nadia Vázquez. Co equipo tamén participan varias xogadoras en idade xuvenil, que compatibilizan a súa competición e a sénior, son Carla Bello López, Carla Bello Rodríguez, Duna Barca, Lara Souto, Lara Hernández, Leticia Santos, María Porteiro, Marina Rodriguez, Nerea Varela, e Sara Méndez.

A parcela deportiva depende esta temporada de Daniel Angeriz, que se fixo este verán cargo do equipo tras o seu paso polo Bm Brigantium e as categorías inferiores do OAR, onde tamén participou como xogador. No banquillo estará asistido por Julio Ferreiro e Samuel Castiñeiras como delegados.

Para a presentación do equipo na casa, terán en fronte ao Tapería Dos Chata Bm. Cangas, o que supón o duelo entre a 1ª e 2ª clasificadas na pasada temporada. As de Cangas comparecen cun equipo moi xove que continúa coa base do da temporada pasada, coa incorporación das xogadoras do equipo xuvenil, así sae con 11 xogadora sénior cunha idade media de menos de 20 anos e con 10 xogadoras invitadas do seu equipo xuvenil, onde destaca a capacidade goleadora da xogadora número 15 Laura Magdaleno.

As de Carballo comparecen cun equipo moi renovado, con 7 baixas con respecto ao equipo do ano pasado e coa incorporación da xogadora de Bueu Lucía de la Torre e a avilesina Mara Garabaya, ambas xogadoras moi xoves e con experiencia en prata.

Ambos equipos gañaron na primeira xornada e preséntase un partido moi igualado, onde a maior experiencia das locais debería impoñerse.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA SÉNIOR MASCULINA

O Xiria B compite esta fin de semana contra o Bm. Línea 21 Lignun Plus, primeiro clasificado da categoría, 2º clasificado na temporada pasada e 2º na final a 4. Mantén practicamente o equipo do ano pasado e nel participan 3 xogadores criados nas Escolas de Balonmán Xiria, Diego Lema, Alex Puñal e Andres Urbieta. Os visitantes comparecen cun equipo equilibrado no balance defensa ataque, cunha media de 32 goles a favor e 25 en contra, o 5º mais goleador e o 3º menos goleado, e que conta todos os seus partidos por vitorias. O Xiria B comparece cun balance negativo, cunha media de 27 goles a favor e 34 en contra. Os coruñeses parten como favoritos pola súa experiencia, e o noso equipo B deberá mellorar o traballo defensivo para estar no partido e competir. A maña do domingo, coa súa afección, o Xiria B tratará de plantar cara e competir co Línea 21 para seguir medrando e mellorando deportivamente.

LIGA OURO XUVENIL FEMININA

O Seguros Sueiro Xiria recibe este sábado no Carballo Calero ao Calfrima Carballal, no que é o duelo entre as 4ª e 3ª da liga, igualadas con dúas vitorias na táboa de clasificación, tendo as viguesas un partido aprazado. O noso equipo terá como rivais ás campioas en categoría cadete e as sub-campioas en categoría xuvenil na temporada pasada, polo que será un duro rival. O Carballal é o equipo feminino mais potente de Vigo, cun equipo en prata e outro en 1ª autonómica.

LIGA OURO XUVENIL MASCULINA

O Montaxes Carballo Xiria desprázase esta fin de semana a O Rosal, no que é o partido anticipado da 5ª xornada da liga, onde o agarda o Valinox Novás. Os do Rosal están moi abaixo na clasificación cun so empate e 3 derrotas e son o 3ª equipo mais goleado. O Montaxes Carballo acumulan 3 vitorias e viaxan coa intención de obter os dous puntos e continuar na parte alta da táboa. Para elo deberán minimizar os erros en ataque e manter a intensidade defensiva que os levou a esas vitorias.

LIGA OURO CADETE MASCULINA

Os cadetes do Hierros Varela Urbieta Xiria xogarán o sábado pola tarde en Abegondo contra o Bm. Abegondo-Atlántico Opemat. Ambos equipos contan con 2 puntos (unha derrota e unha vitoria). Está comezando a competición e é cedo para facer previsións, mais cando o Abegondo-Atlántico é a integración de dous clubs que compiten por primeira vez xuntos, e que xa tiveron o seu primeiro éxito clasificándose para a Liga Ouro, tras vencer nas previas a Carballal, Lavadores, Bueu e Moaña.

LIGA PRATA CADETE FEMININA

O Grupo Lemaco Xiria B recibe ao Junrua Bm Moaña no pavillón do CEIP Fogar, un partido a priori igualado polo potencial de ambos equipos, no que o factor cancha debe ser favorable ás rapazas de Carballo. Con todo as de Moaña contan cunha vitoria e unha derrota, e as de Carballo cunha derrota, poucos partidos para poder sacar conclusións.

O Grupo Lemaco Xiria A desprázase o domingo a Redondela para xogar contra o SAR Bluenewables, no que é o segundo partido de ambos equipos. No primeiro partido ambos equipos lograron a vitoria.

LIGA OURO INFANTIL FEMININA

O Nordata Xiria recibe este domingo ao Mecalia Atl. Guardés, que conta os seus partidos por vitorias. As xoves de Carballo terán en fronte un duro rival e para levar os puntos terán que continuar defendendo con intensidade como ata o de agora e saír a contra minimizando as perdas de balóns.

LIGA OURO INFANTIL MASCULINA

O Garaysa Xiria trasládase a Abegondo para disputar a terceira xornada da liga, na que ambos equipos están empatados con unha vitoria e unha derrota. Destaca a gran capacidade ofensiva dos de Carballo, cun xogo moi rápido e dinámico, co que a mellora do traballo defensivo vai ser o camiño caro o éxito.

LIGA PRATA INFANTIL FEMININA GRUPO A

O Tubasys Xiria xoga esta fin de semana contra o Lapamán Área de Servicio Bueu ATL. Balonmán, equipo que está na primeira posición da táboa clasificatoria cuns números impresionantes, en dous partidos leva marcados 60 goles e recibido so 18.

LIGA PRATA INFANTIL MASCULINA GRUPO C

O Garaysa Xira C compite esta semana co Millaven CP Lucense, equipo situado na parte alta da clasificación con 2 vitorias. Será unha difícil viaxe para este xove equipo.

LIGA PRATA INFANTIL MASCULINA GRUPO D

O terceiro equipo infantil masculino do Xiria, o Garaysa Xiria B recibe en Carballo ao Telepizza Arteixo. Os veciños acoden a Carballo necesitados de puntos e os nosos non llo van a poñer fácil.

LIGA ALEVÍN BM7 – GRUPO A

LIGA BENXAMIN MINIBALONMÁN BM 5 GRUPO C

LIGA BENXAMIN MINIBALONMÁN BM 5 GRUPO D