Previa do 4 de decembro

1ª Estatal 

O Calvo Xiria enfróntase o sábado ás 18:00 contra o Carnes Doribeiro Ourense Provincia Termal; en Ourense. O conxunto local, disputou o último partido o 14  de novembro cando gañou en Lanzarote; e despois viuse obrigado a parar por  entrar nos prótocolos do Covid-19. Un Carnes Doribeiro moi reforzado está  tempada; que vai de menos a máis e busca engancharse ao tren de cabeza.  O Calvo Xiria deberá estar pendente de manter o bloque defensivo e pechar as  situacións de 1×1 e 2×2; ademais das transicións de Celso Sotelo que segue  sendo peza crave no xogo local. No ataque posicional; o Xiria deu un paso  adiante e este partido é unha boa proba para medir a súa evolución.  O choque preséntase intenso e igualado; como cada partido en O Consello.  

 

Categorías Base; Alevíns e benxamíns 

O sábado pola mañá no Ceip Fogar; en alevín 7, Reneymar Xiria e Garaysa  Xiria, xogarán contra dous dos equipos de Bm Culleredo en Carballo; ás 10:30  e ás 11:30, respectivamente. En benxamíns, Maquisaba Xiria A e Telepizza  Xiria enfróntanse nun bonito duelo ás 12:30.  

Que non cho conten!!! Ven ao balonmán!!!