Previa do 6 de maio

1ª Estatal

Penúltima xornada de liga para o Calvo Xiria que xogará o sábado ás 19:00, en Vigo; na pista central de As Travesas; contra Bm Reconquista de Vigo. Cos obxectivos cumpridos, ningún equipo quere ceder postos na clasificación nestas últimas xornadas. Este será o cuarto enfrontamento entre os dous esta tempada, polo que se coñecen á perfección; aínda que é certo que houbo evolución en ambos e que o partido pouco terá que ver cos anteriores. O Calvo Xiria contará coa convocatoria habitual das últimas semanas, buscando unha maior rotación e repartir a responsabilidade entre todo o cadro de persoal; para tratar de xogar a un ritmo elevado gran parte do tempo do encontro.

Categorías Base: Escolas Balonman Xiria

Na competición de alevín 7; última xornada para Reneymar Xiria que xogará o sábado, ás 10:00 en Tarrío, contra Bm Culleredo Cristalería Gestal. No Ceip Fogar, ás 11:00 será a quenda para ALS Xiria e Club Balonmano Atlántico; e ás 12:00 terminarán Garaysa Xiria e Bm Línea 21 Restaurante Cho.

En benxamín 5; Telepizza Xiria e Bm Brigantium Nunegal xogarán o sábado ás 10:00 no Ceip Fogar; mentres Óptica Auris Xiria farao ás 10:45 en Galán contra Bm Arteixo.

Tamén en xornada de sábado pola mañá gozaremos dunha serie de partidos amigables. Os equipos femininos de Nordata Xiria, Tubasys Xiria e Punta del Este Xiria xogarán ás 10:00, 11:30 e 13:00,  respectivamente, contra equipos de Bm Culleredo no pavillón de Almeiras. E no Vila de Noia, ás 10:30 e ás 12:00, xogarán o Grupo Lemaco Xiria B e ALS Xiria B, tamén contra Bm Culleredo.