Previa – Volve a 1ª Nacional

Previa – Volve a 1ª Nacional

1ª Nacional

Este domingo ás 12:30 horas, o Pavillón Vila de Noia de Carballo acolle a estrea do Calvo Xiria na Primeira División Nacional Masculina 2025/26. O conxunto carballés enfróntase ao BM Lanzarote Ciudad de Arrecife, equipo recén descendido da División de Honra Prata despois de vivir un rápido ascenso e descenso nas dúas últimas campañas.

O Lanzarote chega cun proxecto renovado baixo a dirección de David Betancort e reforzado con incorporacións destacadas, entre elas o internacional xuvenil angolano Mateus de Almeida e o central Adrián Juárez. O Calvo Xiria dirixido por Adrián Dubra, finalizou a pasada tempada en sexta posición, aposta pola continuidade do seu bloque de xogadores experimentados como David García Pichel, Hugo Rodríguez e Jorge Bouzas, e pola frescura dos máis novos como Daniel Periscal, Pablo Veiga ou Julián García e o resto dunha xove plantilla.

Espérase un partido intenso e igualado, cun Lanzarote decidido a recuperar protagonismo e un Xiria que quere aproveitar o factor cancha para sumar os dous primeiros puntos do curso e ilusionar á súa afección.

Categorías Base: Play Off

O equipo xuvenil masculino Hierros Varela Urbieta Xiria viaxará ata Pontevedra para xogar o Play Off de clasificación á Liga Ouro. Dende o venres ata o domingo enfrontarase ao Club Cisne Colegio los Sauces, Habitos Lavadores Vigo e Bm Culleredo Galaico Caravaning.

O equipo xuvenil feminino Grupo Lemaco Xiria viaxará ata Vigo para xogar o Play Off de clasificación á Liga Ouro. Dende o venres ata o domingo enfrontarase ao Calfrima AD Carballal, Bm Caselas e Bm Seis do Nadal Coia.

O equipo infantil feminino Maquisaba Xiria viaxará ata Redondela para xogar o Play Off de clasificación á Liga Ouro. Dende o venres ata o domingo enfrontarase á SAR Rodavigo, Rande Suministros Lavadores Vigo e Garciventa Carballal.

Categorías Base: fase de clasificación

Os equipos cadetes xogan na casa o derradeiro partido da fase de clasificación, cos que poderían quedar líderes de grupo e cabezas de serie para os Play Off. Ambos equipos xogan o sábado no Vila de Noia, o equipo cadete feminino Grupo Lemaco Xiria xogará ás 10:30h fronte ao Sanxenxo Bm Dislausa, mentra que o equipo cadete masculino Montaxes Carballo Xiria A xogará ás 12:15h fronte ao Hierros Miguel Seis do Nadal.