1ª Nacional
O Calvo Xiria busca reecontrarse coa vitoria o domingo ás 12:30 no pavillón de Candeán, en Vigo contra Granitos Ibéricos Carballal, Dous persoais novos que afrontan en bo estado de forma este tramo de tempada. Prevese un partido intenso e con ritmo, será importante o balance e o bloque defensivo.
Ata o último adestramento da semana, o técnico Adrián Dubra non decidirá a convocatoria; xa que algún xogador é dúbida desde o último encontro. De todos os xeitos, o Calvo Xiria viaxará co obxectivo de tratar de lograr os dous puntos e seguir cuarto clasificado.
1ªAutonómica Feminina
Tamén o domingo, pero ás 12:00 no pavillón municipal de Carballal, xoga o Calvo Xiria contra o A.D. Carballal. Última xornada do grupo título, onde se decidirá que equipos forman parte da final a 4, para pelexar pola fase de ascenso. O Calvo Xiria espera seguir gozando e competindo como o vén facendo ata o de agora. O autobús viaxa cargado de ilusión e afrontar 60 minutos para seguir escribindo esta historia.
Categorías Base; Liga Ouro
O Grupo Lemaco Xiria A, afronta contra o Balonmán Porriño, a penúltima xornada de liga, o equipo quere manter a clasificación actual, e ten que afrontar con confianza un choque que será o último na casa. Xogarán ás 19:30 no Vila de Noia. O Punta del Este Xiria A, xoga ás 10:30 no Ies Monteneme contra Balonman Chapela. O equipo quere seguir progresando no seu xogo no tramo decisivo da liga. O Garaysa Xiria xoga ás 12:30 no Ceip Fogar contra Clube Balonman Tui. A falta de 3 xornadas todos os puntos son importantes.
Categorías Base; Liga Prata
O Grupo Lemaco Xiria B, enfróntase ao Xestaservi Bm Cañiza o sábado ás 10:30 no pavillón Carballo Calero. O equipo enfróntase a un dos grandes rivais deste grupo. O Punta del Este Xiria B, necesita un punto para ser matemáticamente campión de liga prata. Xoga o sábado ás 12:15 contra Sd Teucro Pescamar.
Categorías Base; Balonmán 5
Última xornada da segunda fase para os equipos de balonmán 5. O venres no Ceip Fogar, Maquisiba Xiria B e Telepizza Xiria xogan ás 16:30 mentres Insplaber Xiria xogará ás 17:15 contra Bm Camariñas A. O sábado tamén no Fogar, Maquisaba Xiria B, xoga ás 9:45 contra Club Balonmano Atlántico e Maquisaba Xiria A xoga ás 10:30 contra Bm Línea21. Óptica Auris Xiria viaxa ao Quiroga Palacios para xogar contra o Bm Camariñas ás 11:00 e Reneymar Xiria fará o propio ás 11:30 contra MiniCulleredo Cristalería Gestal no Colegio Liceo.


