Previa da xornada con Lara e Manuel Anxo

1ª Nacional  

O Calvo Xiria recupera algúns efectivos para este desprazamento ás illas Canarias. O seu rival, o  Balonmán Ingenio cun dos persoais máis completos da categoría poñerá en dificultades a un  conxunto de Carballo que se prepara para afrontar este difícil compromiso o sábado ás 20:00 horas (21:00 hora peninsular). E é que o reto de gañar a un equipo da experiencia de Bm Ingenio é unha motivación máis ao traballo que vén realizando o  equipo.  

A continuidade e a claridade de ideas no ataque posicional son importantes, para non conceder  contraataques cómodos aos locais, que son o equipo que máis goles realiza da categoría. O Calvo  Xiria terndrá que poñer o mono de traballo na faceta defensiva para frear ao conxunto local; polo  que se espera un partido emocionante.  

1ª Autonómica Feminina  

O Calvo Xiria xogará o sábado ás 16:15 no pavillón Novo Mesoiro contra o Bm Brigantium Nunegal. Dous equipos con obxectivos diferentes neste momento e onde o Calvo Xiria busca a  segunda praza do grupo e parte como favorito para facerse cos dous puntos; debido á maior  experiencia dentro da categoría.  

Categorías Base; Liga Ouro  

O Hierros Varela Urbieta Xiria recupera a case todo o persoal para afrontar este desprazamento a  Pontevedra e xogar o domingo ás 12:30, no pavillón Monte Da Vila contra o Rasoeiro Bm. O  equipo buscará a quinta vitoria da tempada.  

O Grupo Lemaco Xiria A xogará o domingo ás 10:30 contra o Gasoleos Rivera en Carballiño. Debe conseguir unha vitoria que o mantén na loita polo campionato de liga.  

O Punta do Leste Xiria A xogará o sábado contra Bm. Porriño no Vila de Noia ás 10:30. Un partido  difícil que servirá para probar a progresión que vén de facer o xoven equipo de Carballo.  

Categorías Base; Liga Prata  

Comeza a segunda fase para o equipo xuvenil do Laber Xiria B que xogará o sábado ás 12:15 no  Vila de Noia contra Reca Hollywood Seis Do Nadal.  

O Grupo Lemaco Xiria B, xogará o mércores ás 21:00, no pavillón San Marcos contra Abegondo  Casa Torreiro. Dous puntos de gran importancia para os intereses dun Xiria que neste momento é  primeiro de grupo.  

Categorías Base; Alevíns  

Insplaber Xiria e Reneymar Xiria xogarán ás 10:00 e ás 11:00 contra Culleredo e Camariñas,  respectivamente. Farano en Santiago, onde se concentra esta semana a xornada de Bm5.

Horarios, resultados, streaming…