Primeira derrota da tempada para o Grupo Lemaco A

Primeira derrota da tempada para o Grupo Lemaco A

O Grupo Lemaco A caeu na pista do segundo clasificado, a SAR de Redondela, despois dun encontro que non terminou de romperse ata ben entrada a segunda metade. As de Zarra sairon cun alto ritmo, dominando o encontro durante os primeiros vinte minutos(5-8) pero despois do tempo morto local, e tras varios ataques ben executados pero mal definidos, a confianza do equipo caeu pasando a tomar o control as redondelás. Ó descanso chegábase xa por detrás no electrónico(15-12). A SAR dominou o encontro nese treito, onde as diferencias chegaron a alcanzar os oito goles(23-15), aínda que as carballesas lograron recurtar nos minutos finais.
 
O Grupo Lemaco A cosechou a primeira derrota da tempada á espera de recibir o próximo fin de semana ó Atl. Guardés no Vila de Noia.