O Calvo Xiria encaixou a súa primera derrota ligueira no Vila de Noia o pasado sábado ante o Lavadores de Vigo. Todo indicaba que os afeccionados poderían vivir un partido igualado entre o vencedor da liga e o conxunto descendido de nacional na pasada tempada, pero a falta de acerto do Xiria ante a portería viguesa e os contraataques polo extremo esquerdo obrigaron a solicitude dun tempo morto no minuto 11 para interrumpir a dinámica que levou ó (3-8) inicial co tándem Uxía-Sonia. A saída de novas xogadoras e un mellor repliegue permitiron ó equipo carballés desatascar o ataque e cortar a sangría, recuperando pouco a pouco a presenza no partido ata chegar ó (12-15) do descanso.
Na volta á pista a necesidade de acortar distancias provocou precipitación no xogo e tentativas rápidas sen moito éxito na portería pontevedresa, que a pesar dunha boa oposición defensiva lograba distanciarse de novo no electrónico co parcial de 1-5 nos primeros dez minutos da segunda metade. De novo os trocos xogaron un papel fundamental nas camisolas verdes, que grazas ó lanzamento exterior lograban atopar unha resposta ó 6:0 compacto do rival. Moitas bolas foron recuperadas nos derradeiros minutos grazas á intensidade defensiva, pero de novo a precipitación apareceu no conxunto local para estragar as oportunidades en forma de erros de pase nos contraataques, deixando un (19-25) como resultado final a pesar de non baixar os brazos en ningún momento ó longo do encontro.
O resultado deixa na terceira xornada un quíntuple empate no segundo posto con catro puntos, nunha liga que promete igualdade e emocións cada fin de semana.
Calvo Xiria 19 – CdeC Lavadores Vigo 25
Calvo Xiria (12+7): Nadia Vázquez (p), María Patiño (1), Aida Vizcaíno (1), Lara Souto (1), Lucía de la Torre (6), Tamara Pombo, Minia Calvo (2), Natalia Solís (4), Marta Gómez (2), Duna Barca, Leticia Santos (1), Elena Segade, Valeria Figueroa, Sheila Ferreiro (1)
CdeC Lavadores Vigo (15+10): Raquel Santomé (2), Carlota Quintana (2), Candela Franco, Alexandra Abalde, Antía Estévez, Paula Alonso (5), Sonia Rodríguez (6), Uxía Ferreiro, Naira González, Maya Moledo (6), Mara González (1), Marta Rodríguez, Raquel Santos (2), Iria García (1)
Árbitros: Renzo Martín e José Henrique Folgoso
Marcador cada 5 minutos: 1-2, 3-6, 4-10, 5-11, 9-13, 12-15, 13-17, 13-20, 15-22, 16-24, 18-25, 19-25