Primeira victoria na casa para as infantís do Punta del Este Xiria

Este pasado sábado, no pabellón CEIP Fogar, o Punta del Este Xiria recibiu ao SAR Ledison A para a disputa da quinta xornada ligueira de División de Honra.

O equipo local saíu moi concentrado ó partido e con ganas de mudar a imaxe dada na xornada anterior fronte o Bm Lalín. As carballesas, mediante unha defensa 3:3 moi activa e presionante conseguían afogar o ataque do equipo de Redondela e recuperar continuamente o balón. Mentras que en ataque, o xogo sin balón era clave para atopar situación claras de lanzamento fronte a defensa 3:3 da Sar. Pouco a pouco, as locais iban tomando vantaxe no marcador ata chegar o descanso con un 15-9 a favor.

Tras o paso polos vestiarios, nada cambiou no equipo carballés, que seguía traballando moi concentrado en defensa, presionando o ataque rival e recuperando balóns que lle permitían correr o contraataque tanto en primeira como en segunda oleada e así seguir aumentado a vantaxe no marcador. As continuas rotacións do banquillo axudaron a que as locais mantiveran o ritmo durante toda a segunda metade e se fixeran coa victoria con un marcador final de 28-20.

PUNTA DEL ESTE XIRIA (15+13): María Porteiro (p), Lara Hernández (2), Duna Barca (7), Catalina de Magalhaes (3), Lara Souto (7), Cecilia García (2), Sara Méndez (1), Alba Pereiro, Leticia Santos (6), Nerea Figueiras e Sara Rial.

SAR LEDISON A (9+11): Julieta Aquino (1), Paula Rodríguez (2), Alexandra Covelo (7), Noa Fernández, Isis Moreno (4), Emma Gómez (1), Lucia Balado (2), Dania González (3), Lara Sánchez e Paula Alonso.