Primeira victoria para o Punta del Este Xiria

Esta fin de semana o Punta del Este Xiria viaxou a Vigo para disputar o encontro contra o Seis do Nadal – Coia. O encontro xogouse no Pavellón Municipal de Coia ás 10:00 da mañá.

O partido empezaba cun Xiria metido en defensa, pechando a zona centro e retardando os ataques, polo que as locais custáballes penetrar e anotar.
No ataque, as carballesas souberon manter a calma e atacar con tranquilidade, atopando espazos baleiros entre a defensa local. Ao descanso íase con marcador de 3-11 para as de Carballo.

Comezaba a segunda parte, as carballesas seguían metidas no partido movendo o balón. Con todo, a tranquilidade que respiraban na primeira parte foi interrompida por descoidos defensivos, polo que as locais estaban a atopar espazos para anotar. As visitantes fronte a isto souberon reaccionar ben, metendo máis intensidade en defensa e concentración e efectividade en ataque.

Final do partido cun marcador 8-17, primeira vitoria para o Punta del Este Xiria nesta nova competición como é a División de Honra. Unha alegría e sobre todo un xute de enerxía para seguir traballando e mellorando.

Para a próxima xornada as do Punta del Este Xiria reciben ao Galicia Social- Galserco. O encontro disputarase o Xoves ás 12:15 no pavillón Ceip Fogar. Esperamos que as carballesas sigan na mesma liña e afronten o encontro con forza e intensidade.

Seis do Nadal- Coia: Andrea Cristobo, Silvia S., Alba R. (1), Lorena L., Daniela (4), Uxía, Elena, Zoe (1), Ariana (1), Carlota (1).

Punta del Este Xiria: Candela C.(1), Catalina (3), Coral, Duna, Lara H.(3), Lara S. (3), Leti (2), Lucía, María (1), Natalia (4), Stefania.