Primeira vitoria da tempada para o Goldie Xiria

Disputaba o seu encontro o Goldie Xiria e o Bm Tui na mañá do venres no pavillón Vila De Noia, de Carballo. Os afeccionados aproveitaron a festividade para achegarse a animar ás súas e levar polo aire a un Goldie Xiria que dominou todo o encontro excepto os primeiros minutos da segunda parte.

Chegaban con dúbidas as do Goldie Xiria, as dúas últimas semanas con demasiados contratempos entre enfermidades e lesións, non permitían chegar ao 100% ás xogadoras. O corpo técnico non sabía con exactitude con que xogadoras podería contar para o partido. Pero o orgullo bergantiñan, e a confianza en se mesmas para superar as dificultades, fixo que o arranque do partido decantásese ao seu favor cun parcial de 4 a 1. O traballo defensivo do equipo creaba moitas dúbidas ás de Tui, e en ataque, Alba Rodríguez levaba a batuta, organizando e distribuíndo os sistemas de xogo, ao que abrigo, Támara e Aida respondían na faceta goleadora. A diferenza ía en aumento (11 a 5), e o Xiria puido manter o ritmo, tras realizar os cambios. Pero 2 exclusións seguidas, no minuto 24 e 26 frearon o ímpeto local, para chegar ao descanso 13 a 7.

Na continuación, atascouse o ataque do Goldie, con ataques demasiado individualistas e desde paradas, que lles levaba a perdidas innecesarias e que as visitantes aproveitaban para contraatacar e poñerse a dous goles. Seguiu empuxando Tui ata conseguir empatar o partido, pero o apoio da afección, as rotacións, o cambio de sistema defensivo, encaixando unicamente un gol desde o minuto 40 ata o 50, levaron outra vez a vantaxe ás do Goldie. Tui plantou unha defensa presionante os últimos 5 minutos pero xa nada podía facer. O resultado final foi de 26 a 21.

A próxima semana, xogarase o primeiro derbi da tempada en Camariñas.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila De Noia ante uns centocincuenta de seareiros que estiveron moi animados. Colexiados: Pablo Barreiro e Wallace Moreira. Sin complicaciones. Excluíron a Sheila Ferreiro (7´), Juana Garrochena (24´), Raquel Gómez (26´,59´), Natalia Solis (39´) e Elena Segade (56´) por parte do Goldie Xiria; namentres polas visitantes foron excluídas, Susana Méndez (11´) e Sonía Rodríguez (46´). 7 metros: Goldie Xiria 4/5 // Bm Tui 4/4.

GOLDIE XIRIA 26 ( 13 + 13 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p], Juana Garrochena, Alba Rodríguez, Natalia Solís (2), Soraya Martínez, Eva Facal, Mina Ribullén (1), Aida Vizcaíno (6), Jessica Posse (1), Saray Couto, Elena Segade (4), Sheila Ferreiro (2), Raquel Gómez (4), Támara Pombo (6).

BM TUI 21 ( 7 + 14 ): Marta Fernández, Muti Barciela, Andrea Gregores, Begoña Toucedo, Sandra Araujo (4), Susana Méndez (5), Nerea Míguez (3), Alba Ferreiro, Andrea Iglesias (1), Ana Pereira (4), Ana Alfaya, Pura Fernández, Paola Iglesias, Sonía Rodríguez (4), Patricia Alfaya, Claudia Fernández.