Tiveron que pasar tres xornadas do torneo de Copa para que o Laber Xiria conseguise a súa primeira vitoria. Foi a domicilio, na sempre complicada pista da SAR de Redondela e nun encontro onde os dous conxuntos non foron capaces de mostrar o seu mellor balonmán.
Tras un inicio igualado, onde os carballeses serían protagonistas por varias imprecisións, asentábase a retagarda verdinegra e comezaba a dar os seus froitos, acompañada por rápidos contragolpes que pronto darían unha cómoda vantaxe de catro goles. Esta sería a diferenza na que, maioritariamente, moveríanse os algarismos no primeiros trinta minutos e coa que se chegaría ao tempo de descanso (9-13). Pero o comezo da segunda parte sería ben diferente e cun parcial de , 5-4, os «choqueiros» dominaban o xogo. Dez minutos de negación por parte dos visitantes en ataque, foron suficientes para que a SAR achegásese até tan só un gol, pero as accións individuais dos de Xiria, cobraron de novo a diferenza de catro tantos en apenas dous minutos.
A semana que vén, o Laber Xiria recibirá ao Pavillón De Ourense no que será o partido que pechará a tempada 2015-16. Os de Carballo, afrontarán o envite coa ilusión de conseguir un triunfo máis ante a súa afección e de baixar o pano dunha magnífica tempada na liga de División De Honra.
SAR Dacuña Pérez: 18 (9+9). Nico, Pablo, Iago (1), Bouzón, Soutullo (7), Táboas (1), Amoedo (3), Sanromán (1), Baati (2), Costas, David (3), Santamarta, D. Vázquez.
Laber Xiria: 26 (13+13). Antonio Mato (p), Kevin Santos (2), Gabriel Castiñeiras (4), Juanka (10), José Pereira (4), Borja Rodríguez (2),Alex Figueroa (1)-Equipo Inicial-Manuel Souto (p), Iván Calvo (3), Diego Morandeira, Daniel Esmorís, Tito.
Colexiadas: Andrea Argibay e Silvia Vázquez. Excluiron con dous minutos a Nico, Soutullo, Baati e Sanromán polos locais e a Juanka, José Pereira e Iván Calvo polos visitantes.
Incidencias: Encontro da penúltima xornada da Copa xuvenil, disputado pavillón municipal Bombonera de Redondela ante un centenar de seareiros.


