Primeira vitoria para o Garaysa Xiria B na Liga Prata

O Garaysa Xiria B venceu no segundo encontro da Liga Prata infantil masculina.

Na maña do sábado viaxaban ata a Coruña para enfrentarse ao Liceo La Paz. O primeiro tempo deixou algo de dúbidas no equipo de Jorge Bouzas, onde a boa actuación do cancerbeiro liceista complicou en demasía unha vitoria que sen dúbida mereceron os carballeses. O xogo sen balón deu os seus froitos e na parte final do encontro o Garaysa conseguía as distancias para afrontar un final de encontro máis cómodo (16-22).

Os do Xiria colócanse na clasificación con tres puntos despois do empate na xornada inaugural.