Primeiro derbi e primeira vitoria para o Grupo Lemaco

Primeiro derbi e primeira vitoria para o Grupo Lemaco

Segunda xornada de liga e primeiros dous puntos que consegue o conxunto cadete de E.BM Xiria en terras coruñesas.
O primeiro derbi da tempada, que enfrontaba ao Grupo Lemaco Xiria contra o BM.Ártabro, saldouse con vitoria dos bergantiñáns nun partido máis traballado  do que aparenta o resultado final.
Os verdiblancos,tardaban en entrar no encontro e ofrecían numerosas facilidades ao ataque local. Ambos os dous conxuntos mostrábanse erráticos nos primeiros compases e eran os visitantes os que tomaban a dianteira no electrónico, grazas sobre todo, ao seu acerto no contragolpe. A defensa foi subindo a súa eficacia, xa que, se ben continuaban os erros, estes se solucionaban en moitas das ocasións, grazas á intensidade defensiva e a solidariedade para cos compañeiros. Desta forma, a distancia iríase ampliando ao longo dos primeiros trinta minutos, para asinar un resultado que encarrilaba o encontro cando se chegaba ao tempo de descanso (11-20).

Na reanudación, o Grupo Lemaco Xiria continuou aumentando a diferenza ao seu favor, basandose sobre todo na velocidade ao contragolpe e nunha retagarda que estaba a funcionar con maior intención.
Os últimos minutos foron prácidos, xa que o resultado era xa inalcanzable para o conxunto coruñés.
Desta forma, os carballeses suman os seus primeiros dous puntos en liga á espera de recibir a próxima semana o BM.Lavadores.

Grupo Lemaco Xiria 40 (20+20): Antonio Mato, Carlos Vilanova (12), Antón Traba (5), Juan Carlos Rodríguez (10), Andy Rey (2), Roi Alfeirán (2), Francisco Rey (1)– equipo inicial-Samuel Castiñeiras, Andrés Vila (6), Ronaldo J. Durán (2), Sergio Pombo, José Varela.

BM.Ártabro 24 (11+13): Javier, Miguel (6), Yago (5), Franco (5), Domingo (2),Isak (1), Jorge (4)-equipo inicial-Eloi, Dani, Pablo, Salgado (1), Carlos.

Resultado cada 5´: 2/4, 5/6, 6/11, 7/12, 10/16, 11/20-descanso-13/23, 14/26, 14/29, 17/31, 20/35, 24/40.

Árbitros: Pablo González e Angel Mateos. Excluiron no conxunto visitante a Juan Carlos, Roi e Carlos.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón coruñes de Novo Mesoiro ante 50 espectadores e unha boa afluencia de siareiros carballeses.

Clasificación 2º xornada:

CLASIFICACIÓN CADETE