Primeiro encontro: Kosice

A primeira das estancias foi en Kosice (Eslovaquia) no mes de xuño e nela participaron Cristina Muñiz, Educadora Social, e Juana Garrochena, estudante de Ciencias do Deporte. A entidade organizadora era o Centro Rexional de Xuventude de Kosice (Centrum vol’ného de Kosice).

A visita centrouse en dar a coñecer o concepto de Educación en Eslovaquia e a transcendencia que o deporte ten nela. Como caso particular, houbo un gran número de actividades vinculadas coas High School, que permitiron dar unha ampla visión do papel que xoga a práctica deportiva dentro das súas instalacións. Outro punto importante a tratar foron as Olimpiadas Escolares.

kosice_2

Ademais, leváronse a cabo numerosos faladoiros onde se reflexionou acerca de diferentes temáticas como as profesións no mundo deportivo ou os problemas que afectan ao deporte nos contextos dos diferentes participantes.

Para coñecer o programa que se desenvolvur en Kosice premer aquí.