Primeiro partido de liga para o Punta del Este Xiria

Comezo de liga este fin de semana para o Punta del Este Xiria con un sabor agridoce.  As infantìs do Xiria non se poideron facer coa victoria na sua visita a Cangas ante un rival superior.

O partido comezaba igualado, cos dous equipos finalizando ben os ataques. Pouco duraria esta igualdade e serìa a partir do minuto 5 donde as xogadoras locais comezarian a impoñer o seu ritmo, mediante unha defensa 3:3 que presionaba e asfixiaba as carballesas e propiciaba continuos roubos de balòn finalizados con èxito polas xogadoras do Cangas. Chegouse así ao descanso con unha clara vantaxe no marcador de 22-10.

Pese a diferenza no electrónico, o Xiria non tirou o partido e saìu disposto a mellorar o seu xogo na segunda metade. As carballesas conseguían anotar con maior facilidade mediante boas combinaciòns pero a defensa non conseguía frear o ataque canguès, que se fixo coa victoria por un claro 36-21.