As cadetes do Tubasys Xiria doblegaron na mañá do domingo a SD Teucro no partido correspondente á segunda xornada da fase previa ao play off. Despois da derrota ante o favorito do grupo a semana pasada, o Bm. Rodeiro, as carballesas foron quen de sumar os primeiros dous puntos na loita pola segunda praza do grupo.
O encontro foi dominado no electrónico polas locais, pero mostraronse bastante irregulares na defensa, o que non lles permitiu pechar o resultado ata os últimos minutos(28-24).
Na derradeira xornada de esta primeira fase, as cadetes do Xiria viaxarán ata Lalín para loitar cas dezanas por esa segunda praza.