PROCASA XIRIA 27 – BALONMANOPOLIS 26

ProcasaXiria: Ivan, David (9), Brais (1), Antón(4), Iago (5), Jorge (1), Miguel (6) –equipo inicial- Heitor, Bisbi, Luís (1), Martin, Damian, Alejandro.

Balonmanopolis: Pablo, Aarón (1), Iván (2), Cristian (4), Jesús (16), David (2), Diego (1) -equipo inicial- Martín, Andrés, Pedro, Daniel.

Colexiados: O colexiado Jose.I. Pereira Navaza non influiu no resultado final..

O Procasa Xiria acadou unha victoria mais na súa cancha e fixoo sufrindo ata o segundo final do partido fronte o equipo Balonmanopolis de Culleredo.

No primeiro tempo os locais mantivéronse a maior parte por diante no marcador con curtas vantaxes aínda que o xogo non era bo tanto nun coma noutro equipo. As defensas non existían e o Procasa Xiria voltaba unha vez mais a adolecer de intensidade e atención nas súas accións. Os ataques eran espesos por parte dos de Carballo, totalmente estáticos tanto nesta faceta como na subida do contraataque en segunda oleada, unha das principais armas dos carballeses. O electronico mostraba deste xeito un axustado 14-12 no descanso que deixaba todo aberto cara a reanudación.

Na segunda parte, o Balonmanopolis saíu máis listo e atento e deulle a volta o marcador grazas a algunhas recuperacións en pases lonxanos feitos polo equipo bergantiñán. A falta de oito minutos, cos visitantes gañando de tres tantos e co equipo de Carballo sumido nunha indolencia importante, presaxiábase o peor, pero sen saber porque e despois dunha recuperación de balón que acercaba ao Procasa a dous goles, a actitude cambiou por completo e no último suspiro do encontro os locais dábanlle a volta o encontro para vencer por un axustado 27-26.

Unha vez mais ó Procasa Xiria amosouse como un equipo endeble cando non xoga con intensidade e concentración.