PROCASA XIRIA 38 – BM. NARÓN 22

Ifecgás Pereira Xiria: Naya (porteiro), Antón (7), Miguel (1), Zas (16), Barreiro (6), David (6), Iago (1), Brais (1), Antelo, Mato, Damián, Jorge e Gándara.

Bm. Narón: Miguel, Iván (9), Víctor (3), Pedro, Iago (2), Fernando (2), Rubén (6) e Pablo.

Colexiado:

Encontro sen historia, aínda que nos primeiros intres predominou a igualdade e incluso os visitantes chegaron a dispor de pequenas rendas ao seu favor debido a súa meirande corpulencia e antropometría o que facía que superasen aos carballeses nos uns contra uns. Pero en canto o Procasa axustou minimamente as axudas defensivas o demais foi pan comido xa que os de Narón en defensa daban moitas facilidades aos carballeses. Así foi que a vantaxe foi aumentando paulatinamente ata chegarse o intermedio cun 23-9 e continuou en aumento na segunda metade. Nos minutos finais o Bm. Narón conseguiu maquillar un pouco o resultado cando o adestrador carballés decidiu colocar ao seu mellor home, Álex Zas (16 goles) na portería e sacar á cancha a tódolos xogadores en idade alevín.