PROCASA XIRIA 8 (28) – La Cubela 0 (11)

10/03/2004 10ª XORNADA

PROCASA XIRIA: Miguel, Pombo (2), Diego López (11), Néstor, Juan (2) , Naya, Barreiro, Zas (5), Oscar, Diego Puente (4), Andrés (3), Ramón (2), Rodrigo.

O equipo do Procasa Xiria continúa coa súa racha de trunfos, xa que nos últimos partidos conseguiu facerse con tódolos cuartos en xogo. É ben certo que o xogo dos rapaces que prepara Fernando Vázquez está a ser un pouco irregular, alternado momentos de gran brillantez con momentos de alarmantes imprecisións, aínda que o equipo segue a sumar puntos, o que o mantén no mais alto da clasificación. Este encontro era bastante perigoso, debido a que La Cubela ten xogadores de moita calidade, anque quizais esteán a pagar a súa primeira tempada na liga.

Comezaron ben os rapaces do Procasa, sobre todo afianzados nunha forte defensa e rápidos contragolpes. Xa no segundo cuarto a cousa foi ben distinta e o marcador foi demasiado avultado para os méritos contraídos polos carballeses. Na terceira entrega volveuse a unha contundente defensa que non dou ningunha opción ó equipo coruñés, feito que non podemos dicir do derradeiro cuarto que estivo cheo de imprecisións que provocaron un axustado marcador parcial.

Parciais: 5-0 / 11-5 / 7-2 / 6-4