PROCASA XIRIA 8 (41) – C.B. Camariñas 0 (22)

24/02/2004 8ª XORNADA

PROCASA XIRIA: Miguel, Pombo (1) , Diego López (7) , Néstor (2) , Iván (1) , Juan (1) , Naya (0), Barreiro (2) , Zas (3) ,Oscar (1) , Diego Puente (4) , Icaro (1) , Ramón (6) , Andrés (0) , Caamaño (2).

O sábado 21 e o Luns 23 o PROCASA XIRIA enfrontouse ás E.D.M. de Camariñas, disputando os dous partidos que os van a enfrontar nesta primeira fase da competición.
O partido do Sábado correspondíase co 1º da segunda volta. Xogábase en Carballo no Pavillón da Zona Escolar e foi presenciado o numeroso público que se dou cita ás dez e media da mañá puido ver un interesante encontro. O Camariñas non foi quen de parar os xogadores do PROCASA, nin ca defensa individual en medio campo, nin cunha 3-2-1 mais atrasada. O Xiria xogaba ben sen balón e conseguía lanzamentos fáciles na liña de 6 metros. Na defensa destacar unha vez mais a excelente actuación de Miguel, porteiro dos carballeses que cas súas paradas propiciou rápidos e cómodos contraataques o longo de todo o partido e fundamentalmente nos dous primeiros cuartos.

Parciais: 12-7 / 10-3 / 7-5 / 12-7