Progresión favorable do Hierros Varela Urbieta a pesar da derrota

O conxunto cadete feminino do Hierros Varela Urbieta, segue o seu particular curso nesta a súa primeira participación na División De Honra da categoría, que non é outro que o do crecemento competitivo á vez do técnico táctico.

O partido disputado o pasado sábado en Pontevedra, sabíase de antemán imposible en canto á vitoria refírese, pero afrontábase como un excelente test para calibrar o momento e a mellora do conxunto de Carballo despois de algo máis dun mes do seu enfrontamento ante o mesmo equipo, o Teucro da cidade do Lerez. As bergantiñás demostraron nos primeiros vinte minutos unha melloría moi evidente no seu xogo, sobre todo no apartado individual atacante e nas prestacións e evolución da defensa 6:0. Neste tempo, o potente Teucro dominaba cunha distancia de cinco goles e as de Xiria respondían á superioridade do seu rival sen erros e cun partido serio, tanto en ataque como en defensa. Os últimos dez minutos do primeiro tempo foron outra cousa e a desconexión levou ás locais a aproveitar os erros para finiquitar o partido, chegando ao descanso cun resultado amplo (25-12).

Na continuación, volveuse a ver a un Hierros Varela Urbieta mellor e aínda que non foron capaces de mostrar aquel nivel dos primeiros minutos, se conseguiron un mellor parcial (18-12) e sobre todo moitos minutos de bo xogo ante un excelente equipo.

O obxectivo segue sendo a mellora semana a semana ata conseguir, co paso dos partidos, unha maior regularidade durante os mesmos e a aprendizaxe que a este conxunto daralle esta competición, un cúmulo de vivencias necesarias para que as carballesas sigan crecendo en todos os aspectos do xogo.

SD Teucro Clínica Veterisaude: 43 (25+18). M. González Rey (8), N. González (2), Noelia Solla (8), Aroa Vieitez (3), A. Alonso (4), Raquel Castro (4), Marta García (6), A. Fernández (6), Natalia Solla (1), Samar Rodríguez (1)

Hierros Varela Urbieta Xiria. 24 (12+12). Lucía Lema (p), Helena Collazo (p), Natalia Cancela, Lucía España (3), Valeria Figueroa, Alba García (3), Marta Gómez (2), Anna Mª Hernández (3), María Patiño (2), Nina Pereira (1), Coral Ruibal (2), Nerea Varela (8), Uxía, Stefanía.

Colexiadas: Mencía Lorenzo e Raquel Santomé. Sen complicacións.

Incidencias: Terceira xornada da División De Honra en categoría feminina cadete. Partido celebrado na mañán do Sábado pasado no pavillón Multiusos de Pontevedra ante cincoenta siareiros, moitos deles desprazados dende Carballo.