Tras a mala actuación na Coruña as carballesas tiñan posibilidade de redención ante Lucense, que xa logrou asegurar os puntos na súa casa durante a primeira volta.
Tras os lances iniciais, onde as visitantes atopaban a vantaxe grazas a efectividade da súa primeira liña (4-6), o Xiria reaxustaba a súa labor defensiva para aumentar a presión e obrigar a iniciar máis afastadas da portería. Os roubos de bote ofreceron ocasións doadas que o Maquisaba aproveitaba con moita máis efectividade da habitual, dando a volta a un encontro mediante a intensidade e o reparto de esforzos (15-12).
Na segunda metade as escasas rotacións e o reparto de roles permitiron manter o ritmo durante boa parte do enfrontamento, pero acabaron aparecendo indicadores de cansanzo en ambos conxuntos nos compases finais, onde as lucenses volveron a tomar a iniciativa e recortaron distanzas. Sin embargo, un excelente traballo sen balón por parte das laterais atopaba ocos na compacta defensa e senenciaba un partido ben traballado.
MAQUISABA XIRIA 31 – 25 MILLAVEN CP LUCENSE
Na vindeira xornada o Maquisaba ten un descanso ben merecido e da paso Tubasys, que viaxa ata Santa Comba para intentar manter a racha.


