Punta del Este B confirma o seu liderato superando al Bm. Brigantium

Nova victoria na Liga Prata infantil femenina do Punta del Este Xiria B, no derbi ante o Bm. Brigantium o pasado sábado.

As de Zarra tentaron impoñer un ritmo alto no xogo, propiciando tamen gran número de erros nos pases, permitindo que as visitantes mantiveranse no encontro ata ben avanzado o segundo tempo. As carballesas foron sempre por diante pero sería no minuto 15(10-8) da segunda metade onde cun parcial de cinco goles sentenciaron o encontro (15-8 final).

As verdes marchan o parón de Nadal encaramadas na primeira posición da táboa aínda imbatidas.