Punta del Este Xiria: Sen datos.
E M Camariñas: Sen datos
Bo partido do Punta del Este Xiria que no tivo problema ningún para gañar con comodidade. A primeira metade do partido foi bastante igualada no que ao marcador se refire, pero o xogo das locais facía esperar o que sucedeu, e é que pouco a pouco as carballesas foron impoñéndose grazas ao seu maior potencial e calidade. A defensa 5-1 volveu a funcionar perfectamente e, incluso, as xogadoras menos habituais mostraron un gran nivel. Xa na segunda metade, as diferenzas no marcador foron aumentando conforme pasaban os minutos, entre outras cousas grazas ás interceptaciones defensivas. Aínda así o equipo debe seguir traballando as segundas oleadas xa que estas aínda non dan el resultado que deberan, e debe ser unha baza importante de cara ao Campionato Galego.
