PUNTA DEL ESTE XIRIA 36 – Balonmán Ferrolterra 03

05/03/2005 10ª XORNADA

PUNTA DEL ESTE XIRIA: Raquel, Juana ( 10 ), Iria ( 9 ), Cristina ( 1 ), Jessica ( 1 ), María ( 4 ), Patricia ( 1 ) – equipo inicial – Jennifer ( 2 ), Sheila ( 1 ), Marta ( 1 ), Mariana ( 6 ).

BALONMAN FERROLTERRA: Ángela, Alba, Tatiana, Laura, Paula ( 1 ), Noelia ( 1 ), Lucía ( 1 ) – equipo inicial – Marta, Carmen.

O Punta del Este Xiria rematou a sua participación na liga provincial cadete feminina cunha nova victoria ante o Balonmán Ferrolterra por 36 goles a 03. Xa no descanso o marcador sinalaba un 19 – 02 moi clarificador.

Encontro sen historia que no minuto cinco xa estaba visto para sentencia tendo en conta a diferencia de potencial entre os dous conxuntos. As carballesas sen necesidade de xogar, nin moito menos, ó cen por cen puxeron o marcador dendo o inicio en clara ventaxa. Cunha defensa que impedía lanzamentos claros e ca saída rápida ó contraataque chegouse ó descanso cunha ventaxa de desásete goles que fixo que a segunda metade fose un cúmulo de despropósitos por parte dos dous conxuntos e da colexiada, xa que a relaxación era total.

Ca consecución do título de campión provincial o Punta del Este Xiria consegue o pase ó campionato galego que terá lugar en sede por determinar durante o mes de abril. Moita sorte nesta nova andaina do conxunto carballés.

A colexiada Sra. Andrada levou o encontro sen maiores atrancos.