PUNTA DEL ESTE XIRIA 45 – Balonmano Narón 22

26/02/2005 9ª XORNADA

PUNTA DEL ESTE XIRIA: Noelia, Juana ( 15 ), Iria ( 15 ), Cristina ( 3 ), Jessica ( 4 ), María ( 7 ), Patricia – equipo inicial – Jennifer ( 1 ), Berta, Mariana.

BALONMANO NARÓN: Estefanía, Marta ( 4 ), Silvia ( 4 ), Lucía ( 1 ), Eva ( 5 ), Tamara ( 8 ), Sánchez– equipo inicial – Pita, García, Yaiza.

O Punta del Este Xiria acadou unha nova victoria na liga cadete ante o Bm. Narón por 45 goles a 22 ( 23 – 13 no descanso ).

Con este resultado o cadro carballés proclámase matemáticamente campión da competición provincial, nun encontro que non foi dos millores que xogou, pero que abondou para puntuar cómodamente.

Non estiveron ben en defensa as xogadoras do Xiria durante todo o encontro, pero cada vez que recuperaban o balón e corrían o contraataque era un gol fácil. No plano ofensivo tampouco estiveron moi lúcidas, sobre todo na finalización ( fallaron oito lanzamentos de sete metros e innumerables de seis metros ) máis foi suficiente para endosar unha boa cantidade de goles o equipo de Narón.

Mención aparte merece o adestrador do equipo do Balonmano Narón que se adicou a dirixirse ás xogadoras carballesas faltándolles ó respeto e botándolles ó público enriba, actitude que deixa moito que desexar nunha pista deportiva na que debe de primar o xogo limpo.

A colexiada Sra. Andrada levou o encontro sen maiores atrancos.