Punta del Este Xiria A clasificado para a Final4

O Punta del Este Xiria A certifica a súa presenza na Final Four tras conseguir esta fin de semana unha rotunda vitoria na casa do Bm. Tui.

Co empate da semana pasada na casa ante o Bm. Culleredo, as de Zarra aseguraron a disputa do playoff, pero coa derrota do Bueu o sábado nun encontro aprazado da xornada anterior, as carballesas lograron así a súa clasificación.

O partido contra o Bm. Tui comezou cos verdes moi conectadas, onde a defensa aberta provocou continuas perdas das locais, aproveitándoo ao contragolpe e abrindo as primeiras distancias (1-6, min. 15).
Na segunda metade, a boa actuación da meta carballesa compensou un mal comezo do combinado onde se producían erros. A pesar diso, as diferenzas aumentaron ata chegar á diferenza de doce goles cos que rematou o encontro.